Diferenzas entre revisións de «Prerrexurdimento»

m
left -> esquerda
(better image)
m (left -> esquerda)
 
==Contexto histórico==
[[Ficheiro:Joseph-Bonaparte.jpg|thumbnail|leftesquerda|140px|[[Xosé Bonaparte]] foi rei de España (1808-1813)]]
 
O primeiro feito histórico que influirá na literatura do século XIX foi a guerra contra o francés. Xa desde o ano [[1805]], [[Napoleón Bonaparte]] entrou en negociacións co Primeiro Ministro español [[Manuel Godoy]], co obxectivo de formar unha alianza hispano-francesa que tivese como finalidade última a repartición da totalidade de [[Portugal]] entre os [[Bonaparte]] e Godoy. Froito desta alianza, asínase en [[1807]] o [[Tratado de Fontainebleau]]. Nun dos puntos deste tratado, recóllese a permisividade do goberno español coas tropas francesas, as cales tiñan o consentimento da coroa española para cruzar [[España]] "de camiño" á invasión lusa.
 
[[Ficheiro:Ferdinand VII of Spain (1814) by Goya.jpg|thumbnail|140px|leftesquerda|Retrato de [[Fernando VII]], por [[Francisco de Goya]]]]
Mais Napoleón, coñecido por ser un grande estratega, aproveitou esta circunstancia para tomar o territorio español e colocar no trono ao seu irmán [[Xosé I]], alcuñado "Pepe Botella". A partir deste momento, comezou a chamada guerra contra o francés, a cal abranguerá desde [[1808]] ata [[1814]]. Durante o transcurso deste conflito bélico, [[Galiza]] ficou illada e autónoma, posto que o país ficou gobernado pola [[Xunta Xeral do Reino de Galiza]].
 
 
[[Ficheiro:Eduardopondal.jpg|thumbnail|155px|[[Eduardo Pondal]] estivo no [[banquete de Conxo]]]]
[[Ficheiro:IsabellaII.png|thumbnail|leftesquerda|140px|[[Isabel II de España|Sabela II]], raíña de España desde [[1833]] até [[1868]]]]
 
Nese mesmo ano de 1833, prodúcese o pasamento de Fernando VII. Debido a que a súa filla Isabel, naquel momento, contaba con tan só tres anos, o goberno quedou ao cargo da súa esposa, [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias]]. En [[1840]], tomaría o relevo no goberno o xeneral [[Baldomero Espartero]], quen desempeñou a súa rexencia ata [[1843]], ano no que sobe ao trono (con tan só trece anos) a raíña [[Isabel II de España|Isabel II]].
O primeiro documento "literario" do Prerrexurdimento do que temos noticia é unha ''Carta-Representación'', asinada por [[Pedro Cima de Vila]], na que os veciños do concello ourensán de [[Pontedeva]] lle piden ao rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]] que elimine a presión fiscal que viña exercendo sobre a comercialización e consumo do viño. Unha vez máis, temos que lembrar que o concepto do que é ou non literario varía co paso do tempo, e que as cartas forman parte do estudo literario desta época.
 
[[Ficheiro:Francisco de Goya y Lucientes 026.jpg|190px|leftesquerda|thumbnail|A guerra napoleónica é o tema das ''Proezas de Galicia'' ([[1810]]). Na imaxe, ''A carga dos mamelucos'' de [[Goya]]]]
Por outra parte, debido a que a máis unha vez citada guerra contra o francés foi acollida en [[Galiza]] cunha certa indiferenza, polo menos ata [[1809]], apareceron numerosos textos (que circulaban en follas voantes) cuxo obxectivo era captar homes mozos que puidesen combater no frente contra o exército galo. Un deles foi o poema anónimo ''Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento'' ([[1808]]). Por outra parte, sabemos por testemuños indirectos que existiron un grande número de obras teatrais de tema patriótico, concibidas coa mesma finalidade. Actualmente estas pezas están perdidas.
 
103.099

edicións