Kentucky: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
Liña 258:
A cidade máis populosa de Kentucky é [[Louisville, Kentucky|Louisville]]. A parte da rexión metropolitana de Louisville localizada dentro de Kentucky posúe unha poboación de 1.120.039 habitantes. A segunda é [[Lexington, Kentucky|Lexington]], que posuía, coa súa rexión metropolitana, unha poboación de 635.547 habitantes en 2005. Os sete condados localizados no extremo norte, na rexión chamada ''Northern Kentucky'', que forma parte da rexión metropolitana de [[Cincinnati]] (cidade localizada no estado veciño de [[Ohio]]) posuían en conxunto 403.727 habitantes en 2005. As rexións metropolitanas Loiusville e Lexington, máis a ''Northern Kentucky'', tiñan unha poboación combinada de 2.159.313 habitantes en 2005, que supón o 51,7% da poboación do estado.
 
[[Ficheiro:LouisvilleDowntownSkyline.jpg|400px|leftesquerda|thumb|Louisville.]]
As outras dúas áreas urbanas en rápido crecemento son Bowlin Green e a rexión metropolitana centralizada nas cidades de Somerset, London e Corbin. Aínda que Somerset sexa a única cidade desta rexión metropolitana que posúe máis de dez mil habitantes, a rexión experimentou un gran crecemento de poboación, xuntamente cun grande aumento no número de postos de traballo na área, e é considerada por moitos xeógrafos como a próxima grande área urbanizada de Kentucky. O crecemento da poboación foi especialmente grande no condado de Laurel. Estímase que a poboación de London case se duplicará, de 5.692 habitantes en 2000 a 10.879 habitantes en 2010.