Insectos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m left -> esquerda
Liña 42:
=== Sistema circulatorio ===
[[Ficheiro:Saltón162eue.jpg|thumb|right|Saltón.]]
[[Ficheiro:Zapateiro 508eue.jpg|thumb|leftesquerda|Zapateiro xantando.]]
O sistema circulatorio dos insectos é un sistema aberto no cal os órganos son bañados directamente polo sangue (hemolinfa). Salvo excepcións, só existe un vaso sanguíneo dividido en cámaras. A zona posterior deste vaso denomínase corazón e está dotada de varias aperturas laterais chamadas ostiolos que permiten a entrada de sangue A parte anterior do vaso chámase aorta e consiste nun tubo recto e sen válvulas. O corazón aspira a hemolinfa da cavidade abdominal e propúlsaa cara á cabeza, a través da aorta, desde onde volve a filtrarse ós tecidos cara a cavidade abdominal. Nalgúns insectos existen bombas accesorias destinadas a irrigar as patas, as ás ou as antenas.
 
Liña 68:
** O '''picador propiamente dito''', típico dos [[afaníptero]]s está composto por un labio superior tubular ou semitubular, unhas mandíbulas en forma de láminas estreitas, puntiagudas, longas e dentadas, dúas maxilas libres con palpos e un labio inferior reducido a unha peza e con dous palpos labiais longos.
 
[[Ficheiro:Inxecto en Bastavales, Brión.Galiza.jpg|thumb|leftesquerda|Insecto común fotografado en Brión, Galiza]]
=== Percepción ===
Moitos insectos posúen órganos moi refinados de [[percepción]]; nalgúns casos os seus sentidos poden ser mellores que os dos humanos. Por exemplo, as [[abella]]s poden ver no espectro [[ultravioleta]] e captar os patróns de polarización da luz, e as [[avelaíña]]s macho teñen un sentido especializado do olfacto que axuda a detectar as [[feromona]]s das femias a moitos quilómetros de distancia.
Liña 74:
=== Patas ===
 
[[Ficheiro:Insecto 054eue.jpg|thumb|leftesquerda|Insecto con patas adaptadas á natación]]
 
As patas están divididas en cinco segmentos: [[coxa]], [[trocánter]], [[fémur]], [[tibia]] e [[tarso]]. Os dous primeiros son de pequeno tamaño, os dous seguintes forman a parte principal da pata e o último está xeralmente dividido en tres partes distintas. Ao final sitúanse un par de unllas. As patas presentan distintas adaptacións, dependendo do tipo de vida que leve o insecto; adaptadas ó salto ([[saltón]]s), á escavación ([[grilo toupa]]), á depredación ([[mantis]]), a marcha sobre a auga ([[zapateiro]]), ou á recollida e almacenaxe de alimento ([[abella]]s).