Diferenzas entre revisións de «Igrexa de San Pedro de Ansemil»

m
left -> esquerda
m (Bot: Substitución automática de texto (-File: +Ficheiro:, -Image: +Ficheiro:, -Imaxe: +Ficheiro:))
m (left -> esquerda)
 
==Historia==
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil. Capela dos Deza fachada.JPG|thumb|leftesquerda|250px|Fachada gótica da Capela dos Deza]]
É todo o que se conserva dun [[mosteiro]] [[Idade Media|medieval]] de monxas bieitas de bastante importancia na comarca, e veciño do [[Mosteiro de Carboeiro]].
 
 
====As ábsidas====
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capela dos Deza Ventana.JPG|thumb|leftesquerda|180px|Vano gótico da Capela]]
A ábsida lateral meridional ábrese cun arco triunfal de medio punto peraltado e dobrado apoiado sobre pilastras a modo de xambas. No interior cúbrese con bóveda de canón. A ábsida lateral setentrional aparece pechada por un murete cunha porta no centro. A bóveda desta ábsida arrinca apoiada nunha imposta a maior altura ca do arco trunfal.
 
===Exterior===
Exteriormente non semella que o templo estea composto de tres naves xa que é un rectángulo cuberto a dúas augas con tres ábsidas engadidas á cabeceira.
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capitel1.JPG|thumb|leftesquerda|225px|Capitel esquerdo da fachada occidental]]
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capitel2.JPG|thumb|right|225px|Capitel dereito da fachada occidental]]
A '''fachada occidental''' é plana, sen contrafortes e rematada cunha torre de principios do [[século XX]]<ref>Con total seguridade con posterioridade ao ano 1909, ano no que Enrique Campo fixo un debuxo da fachada onde se ve unha espadana de dúas troneiras cun carneiro, e en lugar da ventá rectangular actual unha saetera.</ref>. A ámbolos lados da porta ábrense dúas saeteras fronte as naves menores e unhas fiestras xeminadas de tempos de [[Afonso III de Asturias|Afonso III]], elementos reutilizados do primeiro templo. As arquivoltas descansan sobre dous pares de columnas con [[basa]]s áticas con algunhas alteracións, [[fuste]]s monolíticos, lisos e exentos. Os capiteis máis exteriores presentan motivos vexetais: grandes follas con vértices terminado en espiral a modo de volutas. Os capiteis interiores, o dereito representa dous leóns enfrontados e o esquerdo a un home vestido con túnica e calzado con [[borceguí]] sostendo nas mans sobre o peito un libro aberto. Fáltalle a cabeza. No mesmo capitel tralo home dúas cabezas humanas e aos lados dous homes espidos cunha man no muslo e outra nos xenitais.
 
==A Capela funeraria dos Deza==
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capela dos Deza timpano.JPG|thumb|leftesquerda|200px|Agnus Dei]]
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capela dos Deza Virxe co neno.JPG|thumb|right|130px|Virxe co neno]]
A dereita da igrexa e unida a ela a través dun arco apuntado atópase a coñecida como [[Capela señorial dos Deza]], obra gótica do [[século XIV]] chamada así por conservarse nela o sepulcro de [[Diego Gómez de Deza]] do ano [[1341]].
103.099

edicións