Ido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Chabi (conversa | contribucións)
m left -> esquerda
Liña 33:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:IdoLogo.png|thumb|150px|leftesquerda|Logo da lingua Ido]]A petición da Delegación para a Adopción dunha Lingua Internacional Auxiliar á [[Asociación Internacional de Academias]] en [[Viena]] para escoller unha lingua internacional foi desestimada en maio de [[1907]]. A delegación, que fora fundada por [[Louis Couturat]], decidiu reunirse en Comité en [[París]] en outubro de [[1907]] para discutir a adopción dunha lingua internacional estándar de entre as competidoras que apareceran nesa época. De acordo coas actas do Comité, decidiuse que ningunha lingua cumpría todas as expectativas, pero que o [[esperanto]] podería ser aceptada ?debido á súa relativa perfección e polas moitas e diversas aplicacións que actualmente xa ten, baixo a condición de que se realicen diversas modificacións levadas a cabo pola comisión permanente na dirección definida polas conclusións do informe dos secretarios (Couturat e [[Leopold Leau]]) e polo Proxecto Ido que logo foi presentado ao comité como traballo anónimo. O Proxecto Ido foi máis tarde revisado por Couturat con axuda de representantes do esperanto antes de ser presentado ao Comité, [[Louis de Beaufront]]. Beaufront púxose a favor do esperanto durante o proceso, pero as melloras adoptadas pola nova lingua provocan a súa "conversión" ao ido, o que supón un reforzo das súas posicións iniciais e un acto de coherencia.
 
[[Ficheiro:Ido Kongreso en Desau 1922.jpg|thumb|300px|Fotografa do Congreso Internacional de Ido en [[Dessau]], [[Alemaña]] en [[1922]].]]
Liña 40:
Algúns observadores achacaron o declive do ido ao seu carácter híbrido (parte proxecto de reforma do Esperanto, parte [[Hipótese de Sapir-Whorf|estándar común europeo]]). Segundo isto, no mesmo instante en que o ido non puido suplantar ao esperanto e que non foi adoptado pola comunidade esperantista, moitos viron a convivencia entre ambas as linguas como un peso innecesario e dirixíronse cara a outros proxectos. Moitos tamén preferiron retornar á comunidade esperantista, moito máis numerosa.
 
[[Ficheiro:Flag of Ido.svg|thumb|leftesquerda|200px|Bandeira do ido]]
Nos [[anos 1930|anos trinta]] a decadencia do ido viuse retardada e durante a longa xestación do proxecto da [[Asociación da Lingua Auxiliar Internacional]] (en inglés International Auxiliary Language Association, IALA) o movemento idista mantivo unha importancia significativa na matriz da [[interlingüística]].