Historia de Istambul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
m left -> esquerda
Liña 32:
O plan da nova cidade ([[330|330 d.C.]]), que chamou '''Nova Roma''', superpúñase á de Septimio Severo no seu centro representativo, o remate do Hipódromo<ref> [http://pages.usherbrooke.ca/croisades/big_images/v_constantinople_hippodrome2.jpg Maqueta do Hipódromo de Constatinopla]</ref> <ref>[http://www.byzantium1200.com/hipodrom.html Reconstrución virtual do Hipódromo de Constantinopla]</ref>; un gran foro, o Augustaion, no lugar do Tetrastoon; e unindo ambos espazos públicos o Gran Pazo Imperial, coa súa porta cerimonial (Chalke) cara ao foro e o palco real (Kathisma) ao hipódromo. Ao norte do Augusteon, entre este e os templos pagáns da antiga acrópole mandou construír as primeiras [[igrexa (arquitectura)|igrexas]] (primitivas Santa Irene e Santa Sofía polo seu sucesor [[Constantino II]], [[360|360 d.C.]]).
 
[[Ficheiro:Walls of Istanbul 06135.jpg|thumb|leftesquerda|250px|Murallas de Constantinopla]]
Para a cidade en si, cuadriplicou a súa superficie cara ao oeste e pechouna con novas murallas.<ref>[http://www.unc.edu/awmc/downloads/connorConstLblMed.jpg Mapa da Constantinopla bizantina]</ref> A extensión comezaba nunha esquina do foro co chamado Milion, marco de comezo de tódalas rutas do imperio. De aí arrincaba a vía principal da cidade, Mese, que no seu percorrido porticado ata as murallas ía atopando varios foros<ref>[http://www.kosovo.net/news/archive/2004/October_08/files/1097250162_s1qdaq78jk7_const6c.jpg Constantinopla]</ref>: primeiro, o circular Foro de Constantino<ref>[http://www.byzantium1200.com/forum-c.html Reconstrución virtual do Foro de Constantino]</ref>; despois o Foro Tauri o de Teodosio<ref>[http://www.byzantium1200.com/forum-t.html Reconstrución virtual do Foro de Teodosio]</ref>, o Foro dos Bois abaixo, no val do Licos, e finalmente o Foro de Arcadio. Tralo foro de Teodosio a Mese duplicábase cun ramal cara ao noroeste, onde mandou construír a fundacional (do tipo central en cruz grega con cinco cúpulas<ref>[http://www.sacred-destinations.com/turkey/images/istanbul/church-of-holy-apostles-illumination.jpg Miniatura bizantina representando a Igrexa dos Santos Apóstolos]</ref>) igrexa dos Santos Apóstolos sobre do que era un templo pagán. Alí foi enterrado cando morreu. O conxunto urbano inda estaba en construción e foron os seus sucesores os que o foron completando . A cidade recibiu entón o nome de '''[[Constantinopla]]''' (Constantinópolis).
 
Liña 45:
 
Santa Sofía soamente foi o estandarte dun grupo de igrexas fundamentais na historia da cidade: aos mesmos arquitectos, Xustiniano encargoulles a erección dun templo maior dos [[Apóstolo|Santos Apóstolos]] (salvando o Mausoleo de Constantino) onde enterraríase el e os seguintes emperadores ata o medievo; ademais San Polieucto e Santos Serxio e Baco, que podería ser un precedente para Santa Sofía; e unha nova [[Santa Irene]], xa que a primitiva tamén fora incendiada na revolta.
[[Ficheiro:Istanbul - Basilica Cistern - 01.JPG|thumb|leftesquerda|200px|Basílica Cisterna]]
Despois viñeron séculos de decadencia ante a puxanza árabe, coa [[controversia iconoclasta]] polo medio (s.VIII-IX, tantas estatuas e tesouros artísticos que decoraban a cidade foron destruídos) onde soamente son salientables pequenas igrexas de mosteiros (Constantino Lips, Salvador de Cora).
 
Liña 62:
== Imperio Otomán: Istambul ==
[[Ficheiro:Map of Constantinople (1422) by Florentine cartographer Cristoforo Buondelmonte.jpg|thumb|right|Mapa de Constantinopla (1422), polo cartógrado florentino Cristóforo Buondelmonte]]
[[Ficheiro:Sarayi Album 10a.jpg|thumb|leftesquerda|120px|Sultán Mehmed II]]
 
O [[29 de maio]] de [[1453]], Constantinopla por fin caeu, e a historia deu un xiro, cara a occidente.
Liña 77:
== Suleimán e Sinan ==
[[Ficheiro:Fer - Veue de Constantinople.png|thumb|right|250px|Nicolas de Fer: Vista de Constantinopla, Paris 1696]]
[[Ficheiro:Topkapi Palace Bosphorus.JPG|thumb|250px|leftesquerda|Pazo de Topkapi desde o Bósforo]]
Tralo sinal deixado na cidade do "Conquistador" (Fatih), cada sultán quixo deixar a súa pegada con algunha grande obra. Así a [[Mesquita de Bayaceto II]] xunto ao bazar ([[1491]]-[[1506]]).
Pero o esplendor da capital otomana viría da man de [[Suleimán o Magnífico]] e o seu arquitecto [[Sinan]] (a altura do contemporáneo [[Miguel Anxo]]). Con el a arquitectura otomá alcanzaría o clasicismo, conxugando as súas antigas raizames persas coa influencia bizantina exemplificada no modelo de Santa Sofía. A primeira obra mestra será a [[Mesquita Shezade]] ([[1543]]) xunto ao acueduto de Valente.
Liña 85:
 
== Século XIX ==
[[Ficheiro:Dolmabahce.jpg|thumb|leftesquerda|250px|Pazo de Dolmabahçe]]
Pero coa decadencia do Imperio Otomán, Istambul tamén perdeu pulo. Os [[século XVIII|séculos XVIII]] e [[século XIX|XIX]] supuxeron os dun adormecemento no que o organismo urbano do pasado bastaba para conter a cidade presente.<ref>[http://www.tooleys.co.uk/m07/e020.jpg Plano de Constantinopla no século XIX]</ref> Só cabe salientar algunha obra singular coma o [[Pazo de Dolmabahçe]] á beira do Bósforo. Dende a metade do século o centro da cidade moderna desprázase progresivamente cara ao norte do corno, máis aló dos barrios de Gálata e Pera (Beyoglu), coa rúa Istiklal coma eixo e a Praza Taksim coma foco<ref>[http://www.photoeurasia.com/pictures/maps/000/00/m/0016607m.jpg Plano de Constantinopla]</ref><ref>[http://archnet.org/library/images/one-image-large.jsp?location_id=2610&image_id=166715 Localización do barrio Beyoglu]</ref>. Para tal desenvolvemento precisábanse pontes sobre do corno e, por primeira vez na súa longa historia (houbera proxectos do sultán Bayaceto no [[século XVI|XVI]] mesmo con [[Leonardo da Vinci]]), dous tendéronse en sucesivas estruturas ao longo do XIX.
 
== Istambul contemporáneo ==
[[Ficheiro:Taksim Square.jpg|thumb|200px|Praza Taksim]]
[[Ficheiro:Bosphorus.jpg|thumb|400px|leftesquerda|Ponte sobre o Bósforo.]]