Período helenístico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
m left -> esquerda
Liña 1:
'''Helenismo''' é o termo utilizado para designar a cultura e o período histórico en [[Grecia]], o norte de [[África]] e [[Oriente Próximo]] comprendido desde a morte de [[Alexandre Magno]] ([[-323|323]] a.C) até a conquista [[roma]]na ([[batalla de Accio]], [[-31|31]] a.C.). O territorio no que se desenvolveu o helenismo era vasto, estaba moi fragmentado e tiña como vínculo a [[lingua grega]]. Un dos lugares de referencia é o reino de [[Pérgamo]].
{{Historia de Grecia}}
Desígnase por '''Período helenístico''' (do grego ''hellenizein'', "falar grego", "vivir como os gregos") o período histórico que decorre entre a morte de [[Alexandre Magno]] en [[-323|323 a.C.]] e a conquista do [[Antigo Exipto]] en [[-30|30 a.C.]] polos [[roma]]nos. Caracterízase pola difusión da civilización grega nunha vasta área que se estendía do [[Mediterráneo]] oriental até á Asia Central. De modo xeral, o [[helenismo]] foi a concreción dun ideal de Alexandre: o de levar e difundir a cultura grega aos territorios que conquistaba. É neste período histórico que as ciencias particulares tiveron o seu primeiro e grande desenvolvemento. É o tempo de [[Euclides]] e [[Arquimedes]]. O helenismo tamén marca un período de transición para o apoxeo e dominio de Roma.
 
:''Para máis información sobre a política e a sociedade, ver o artigo sobre o [[Período helenístico]]''
O período foi identificado como tal polos historiadores do [[século XIX]]. O termo "helenístico" foi empregado por vez primeira polo historiador alemán [[Johann Gustav Droysen]] na súa ''Historia do Helenismo'' ([[1836]] e [[1843]], a partir dun criterio lingüístico e cultural: o medre espectacular das rexións nas que se falaba o grego (ἑλληνίζειν / hellênízein) e, en consecuencia, do fenómeno de expansión do helenismo. Porén, este fenómeno de helenización e de encontro entre as antigas civilizacións orientais e gregas continúa baixo o [[Imperio Romano]], polo que os limites cronolóxicos do período son sobre todo políticos: as conquistas de Alexandre e o suicidio da última grande soberana helenística, a raíña de [[Exipto]] [[Cleopatra VII]].
 
En [[escultura]], as formas fanse máis complexas e movidas ainda que no século anterior ([[Século -IV|IV]]). Destacan o ''Galo moribundo'' (230-200 a.C) e os relevos do ''Altar de Zeus'' de Pérgamo, a ''[[Afrodita]] en crequenas'', a ''Vitoria de [[Samotracia]]'', o ''Laocoonte e os seus fillos'' e a ''Venus de Milo''.
Os traballos arqueolóxicos e históricos recentes están a pór en valor este período, antes mal coñecido, e en particular dous aspectos característicos da época, a existencia e o peso dos grandes reinos dirixidos por dinastías de orixe grega ou [[macedonia|macedónica]] (os [[Dinastía Tolemaica|láxidas]], [[seléucida]]s, [[Dinastía Antigónida|antigónidas]], etc., así como o papel determinante de centos de cidades cuxo papel, ao contrario do que antes se pensaba, non estaban a declinar.
[[Ficheiro:Wenuszmf.jpg|esquerda|100px|thumb|''Venus de Milo'']]
[[Ficheiro:Paris.louvre.winged.500pix.jpg|esquerda|190px|thumb|''Vitoria de Samotracia'']]
[[Ficheiro:Pergamonmuseum Pergamonaltar.jpg|esquerda|300px|thumb|Altar de Pérgamo]]
 
En [[filosofía]] o pensamento vese afectado pola desaparición das cidades-estado (''polis'') e a aparición dos grandes estados nos territorios helénicos. O cambio político provoca un alonxamento do individuo da vida pública, perdéndose así o obxectivo vital dos cidadáns das ''polis'', isto é, acadar a fama a través da acción pólítica. Como consecuencia disto a filosofía céntrase principalmente en cuestións morais, dirixidas a orientar vitalmente ó individuo nas novas circunstancias. Neste contexto aparecen dúas correntes éticas opostas: [[Epicureísmo]] e [[Estoicismo]]. A primeira destas propón unha moral parcialmente hedonista: o pracer como meta na vida, aínda que se contemplan tanto os praceres intelectuais como sensibles, sendo o medio para conseguilo a ''ataraxia'', é dicir, a serenidade de espírito producida pola eliminación de medos infundados e polo goce moderado dos praceres. O Estoicismo, en cambio, é unha moral da virtude. Esta consiste nun control anímico que permita ó individuo liberase de todo sentimento, paixón e desexo. En canto as tradicións filosóficas anteriores, só perduran con forza as tendencias de orixe platónico, primeiro derivando nunha orientación escéptica e despois, xa na era cristiá, dando lugar á versión do [[Neoplatonismo]], iniciada con [[Plotino]] (205-270 d. C.). No que respecta á actividade científica desta época sobresaen os estudios multidisciplinares na escola ''museo'' de Alexandría (matemáticas, astronomía, medicina, xeografía, etc.) e, con relación ós vindeiros séculos do medievo, cabe mencionar, adentrándonos na época romana, ó médico [[Galeno]] (S. II), moi influído por [[Aristóteles]], e ó astrónomo [[Claudio Ptolomeo]] (S.II), autor do libro ''Almaxesto'' onde se expón unha concepción xeocéntrica du Universo, de inspiración tamén aristotélica, que influirá notablemente na Idade Media.
==Evolución política do mundo helenístico==
===A conquista de Alexandre===
: Ver o artigo sobre [[Alexandre Magno]]
 
Rei de [[Macedonia]] aos 20 anos, señor da Grecia dous anos máis tarde, Alexandre Magno emprendeu desde o seu breve reinado (apenas 13 anos, entre [[-336|336]] e [[-323|323]]) a conquista máis espectacular e rápida da Antigüidade. Un reino de tamaño medio, asociado a algunhas cidades gregas, venceu ao maior imperio da época, o [[Imperio Persa]] de [[Darío III]]. O soberano [[aqueménida]] foi vencido en catro anos ([[-334|334]]-[[-330|330]]) e tres batallas, a de Gránico, Isso e Gaugamela. Os tres anos seguintes consagrounos á lenta e difícil conquista das [[satrapía]]s da Asia central, e logo, até [[-325|325]], a afianzar a dominación macedónica sobre o noroeste da [[India]]. Foi así que Alexandro, baixo a presión das súas tropas fatigadas, debeu renunciar a continuar a súa epopea e retornar cara o que se convertera no corazón do seu imperio, a [[Mesopotamia]].
 
Co fin de asegurar o seu poder a longo prazo, tentou asociar a clase dirixente do antigo imperio aqueménida á osamenta administrativa do seu reino. Tentou así crear unha monarquía que asumise á vez a herdanza macedónica e grega dunha parte e tamén a persa e, de xeito máis xeral, asiática. A morte inesperada do rei, posibelmente por unha enfermidade, á idade de 33 anos, puxo fin a esta tentativa orixinal aínda que moi contestada polo entorno macedónico do soberano.
 
===O período dos diádocos ([[-323|323]]-[[-281|281]] a.C.) ===
: Ver o artigo sobre as [[Guerras dos diádocos]].
 
Alexandre Magno non deixou sucesores efectivos con capacidade de reinar e, sobre todo, de se impor aos ''diádocos'', oficiais de todas as campañas do soberano, que se destrozaron mutuamente durante 40 anos. As guerras nas que se meteron [[Pérdicas]], [[Ptolomeo]], [[Casandro]], [[Lisímaco]], [[Antígono Monóftalmo]] e [[Seleuco]], por non citar máis que aos máis importantes, até [[-281|281]], fixeron desaparecer toda a parentela de Alexandro e estalar o imperio. Faltou pouco, porén, para que Antígono Monoftalmo, un vello oficial vagamente emparentado coa dinastía macedónica, conseguise reconstituír o imperio: unha coalición dos seus rivais venceuno na [[batalla de Ipsos]] en [[-301|301]].
 
Grecia, Macedonia e Asia Menor foron sacudidas profundamente polas campañas militares incesantes entre os diádocos, mentres que a parte oriental do imperio se emancipou rapidamente da súa tutela coa creación dos reinos gregos de [[Bactriana]]. Pouco lles importaba a estes xenerais que parte do imperio gobernar, o esencial era reinar. Así [[Demetrio Poliorcetes]], fillo de Antígono Monóftalmo, dirixiu co seu pai o esencial de Asia e logo, após a derrota e a morte de Antígono, tentou facerse coa Macedonia, chegando a logralo provisoriamente antes de fracasar e rematar a súa vida miserabelmente. O fillo maior de [[Ptolomeo I]], [[Ptolomeo Keraunos]] foi expulsado do Exipto polo seu pai, refuxiouse co seu medio irmán [[Lisímaco]] na [[Tracia]] e fíxose co seu reino e logo coa Macedonia antes de facer asasinar a Seleuco, que marchaba contra el. O Medio Oriente estivo así totalmente dominado polas ambicións destes xenerais, que tomaban presto o título de rei, e das súas tropas, constituídas fundamentalmente de mercenarios gregos e macedonios.
 
O soberano máis lúcido foi Ptolomeo I, un dos compañeiros de infancia de Alexandro, de quen algúns autores estiman que era fillo ilexítimo de [[Filipo II]]. Fíxose rapidamente co Exipto e empeñouse en crear un estado estábel, renunciando así ás ambicións imperiais, que estimaba seren pouco realistas. Isto fai del un dos enterradores da idea imperial, mais tamén un dos fundadores do mundo helenístico.
 
===O equilibrio do século III===
 
Neste século estableceuse un equilibrio precario entre tres dinastías xurdidas dos diádocos. A Macedonia estaba gobernada polos descendentes de Antígono Monóftalmo (os Antígonos), o Exipto polos Láxidas e o imperio máis extenso e máis homoxéneo (Asia Menor, Siria e Mesopotamia) polos Seléucidas. Mais a división do mundo helenístico era maior. Con efecto, a carón das tres monarquías principais existían reinos máis pequenos cuxo rol non é, porén, menos primordial. Así, o reino dos Atálidas, arredor de [[Pérgamo]], os reinos do [[Ponto]] ou de [[Reino de Bitinia|Bitinia]], o mesmo o fundado por [[Hierón]] en [[Siracusa]], na [[Magna Grecia]].
 
Ademais destas numerosas monarquías, existían confederacións de cidades que se opuñan, ás veces con éxito, ás empresas dos reinos helenísticos, en particular ao da Macedonia. Dous destes estados federais, a [[Liga aquea]] con [[Aratos]] e a [[liga etolia]], xogaron tamén un papel importante até á conquista romana. Certas cidades, por último, lograron preservar totalmente a súa independencia e manter relacións de igual a igual cos reinos, como por exemplo [[Rodas]].
 
===A intervención romana e a desaparición política do mundo helenístico===
A finais do século III, a Magna Grecia, ou sexa, o sur de [[Italia]] e [[Sicilia]], caeu baixo o dominio romano após un século de enfrontamentos, ora baixo [[Pirro II]], ora no marco das [[guerras púnicas]]. Fixo falta agardar até o inicio do século II a.C. para que Roma interviñese realmente en Oriente. Nun primeiro tempo, subxugou militarmente aos Antígónidas e sobre todo a [[Antíoco III]], a última grande figura política dos soberanos helenísticos antes de [[Mitrídates]] e [[Cleopatra]]. Logo, nun proceso lento e complexo que se estendeu durante case dous séculos, e coa complicidade das cidades e do reino de Pérgamo, Roma asegurouse a dominación completa do Mediterráneo oriental. O acto final desta conquista foi a loita que opuxo a [[Octavio]] e a [[Marco Antonio]], aliado da derradeira soberana do Exipto, [[Cleopatra VII]], e a derrota e suicido desta última en [[-30|30]] a.C.
 
Porén, esta penetración romana no Oriente helenístico non se realizou sen resistencia e fixeron falla non menos de tres guerras para vencer ao rei do Ponto [[Mitrídates VI]] no [[século -I|século I a.c.]]. [[Pompeio]] suprimiu o reino seléucida en [[-63|63 a.C.]] e reorganizou o Oriente baixo a orde romana. O mundo helenístico converteuse entón no campo de batalla das ambicións de diversos xenerais da [[República Romana]] ([[batalla de Farsalia]], [[batalla de Actio]]), até á vitoria final de Octavio.
 
Paralelamente, a influencia política dos Seléucidas foi derrotada en Asia central, en Persia e logo na Mesopotamia, após o reinado de [[Antíoco III]] ([[-223|223]]-[[-187|187]] a.C.). Este último dispuxo aínda dos medios para dirixir unha expedición até os limites do [[río Indo]]. Baixo o reinado do seu fillo, os Seléucidas non lograron nen mesmo vencer a insurrección dos [[macabeo]]s na [[Palestina]]. A irrupción dos [[parto]]s acelerou esta descomposición política e, a comezos dos [[século -I|século I a.C.]], os soberanos seléucidas xa non gobernaban máis que na Siria.
 
==As estruturas políticas: reinos e cidades==
O declive relativamente rápido destes reinos fainos preguntarnos sobre a fraxilidade aparente e a natureza das monarquías helenísticas, así como sobre a permanencia da outra grande estrutura política herdeira do mundo grego, a cidade.
 
=== O reino helenístico, unha monarquía absoluta ===
A monarquía helenística é persoal. Isto significa que é soberano aquel que, polo seu mérito individual, as súas accións, normalmente militares, e a súa conduta, pode aspirar ao título de ''basileus'' ("rei"). En consecuencia, a vitoria militar é frecuentemente o acto que lexitima a ascensión ao trono e que permite reinar sobre unha provincia ou un estado. Os Seléucidas utilizaron a toma de [[Babilonia]] por [[Seleuco I]] en [[-312|312 a.C.]] para lexitimar a súa presenza na [[Mesopotamia]], ou a súa vitoria en [[-281|281 a.C.]] sobre [[Lisímaco]] para xustificar as súas reivindicacións sobre a rexión dos estreitos e o sur da [[Tracia]]. Os reis de Bitinia aproveitáronse igualmente da pseudo-vitoria en [[-277]] do seu devanceiro [[Nicomedes I]] (que en realidade cedera os territorios e se aliara con eles) sobre os [[gálatas]] para afirmar as súas pretensións territoriais.
 
Esta monarquía persoal non posuía regras de sucesión precisas, o que ocasionaba querelas incesantes e numerosos asasinatos cando concorrían varios herdeiros, nin de [[lei fundamental|leis fundamentais]] nin de textos que regulasen os poderes do soberano. Todo procedía do rei e, en particular, as leis. Este carácter absoluto e persoal foi á vez a forza e a debilidade destas monarquías en función do carácter e da personalidade do soberano. Fíxose polo tanto preciso, fora da Macedonia, onde a monarquía era unha institución antiga, crear ideoloxías que xustificasen a dominación de dinastías de orixe macedónica e de cultura grega sobre as poboacións totalmente estranxeiras a esta civilización. Os láxidas convertéronse así en [[faraón]]s aos ollos dos exipcios e procederon a aliarse ao clero autóctono mediante grandes doazóns aos templos.
 
Mais estes soberanos gobernaban tamén sobre poboacións de orixe grega e macedonia ás que debían mostrar a imaxe dun rei xusticeiro que aseguraba a paz e que se comportaba como benfeitor. É a noción de [[everxetismo]], que fai do monarca helenístico o benfeitor dos seus súbditos. A consecuencia deste feito, iniciado xa por Alexandre Magno, foi a divinización cando vivos dun grande número de soberanos, así como as honras cultuais rendidas polos seus súbditos ou polas cidades autónomas ou independentes a quen lles tiñan rendido servizo. Isto permitiu afortalar a cohesión do reino arredor da dinastía.
 
A fraxilidade do poder dos soberanos helenísticos obrigábaos a unha actividade incesante. Debían vencer militarmente aos seus adversarios, polo que este período se caracterizou por unha serie de conflitos entre soberanos ou contra adversarios externos: os [[parto]]s, os [[roma]]nos, etc. Foi así que os soberanos tiveron que viaxar continuadamente a fin de instalar guarnicións e construír cidades para controlar os seus estados. [[Antíoco III]] foi o que máis se desprazou, entre Siria, Exipto, Mesopotamia, Persia, as fronteiras da India, Asia Menor e Grecia antes de morrer preto de [[Susa]] en [[-187|187]]. Para poder manter estes exércitos e financiar a construción das cidades, foilles indispensábel construír administracións sólidas e, sobre todo, fiscais. Os reinos helenísticos eran, antes do máis, xigantescas estruturas de explotación fiscal, converténdose así en herdeiros directos do [[Imperio Aqueménida]].
 
Arredor destes soberanos gravitaba unha corte na que o papel dos favoritos do monarca era preponderante. Por vía de regra, eran gregos ou macedonios, que frecuentemente portaban o título de "amigo do rei" (''philoi''). Abandonouse o desexo de Alexandre Magno de asociar as elites asiáticas ao poder e esta dominación política greco-macedonia parécese en moitos aspectos a unha dominación colonial. Para achegarse colaboradores eficaces e fieis, o rei debíaos enriquecer con doazóns, dominios tomados do dominio real. Isto non impedía que certos favoritos tivesen unha fidelidade dubidosa e, ás veces, sobre todo no caso dunha minoría de idade real, que exercesen realmente o poder, como [[Hermias]], de quen lle foi difícil desfacerse a [[Antíoco III]], ou [[Sosibio]] en Exipto, a quen [[Polibio]] atribúe unha reputación sinistra.
 
O poder absoluto de que dispuñan estes reis estaba sometido a múltiples limitacións: afianzarse o seu contorno, vencer os seus inimigos, demostrar a súa natureza real cos seus comportamentos, lexitimar a súa función coa divinización da súa persoa. Na época clásica, o modelo da monarquía, rexeitado polos [[filosofía grega|filósofos gregos]] era asiático; na época helenística, grego.
 
=== A idade de ouro das cidades? ===
Da comparación co período clásico da Grecia, conclúese con frecuencia que a cidade declinou durante o helenismo. Na verdade, [[Esparta]], [[Atenas]] e [[Tebas]] son casos bastante illados de cidades imperialistas, mais a inmensa maioría das cidades gregas dos séculos V e IV a.C. debeu entenderse con elas ou someterse á súa autoridade ou á dos reis aqueménidas. Esta situación resultou idéntica na época helenística, coa matización de que o poder das cidades imperialistas xa non existía (Atenas) ou foi entón finalmente derrotado (Esparta en [[-222|222]]). Algunhas cidades organizáronse en poderosas federacións, sobre todo na Grecia, como a [[Liga aquea]] ou a [[Liga etolia]]. Outras lograron brillantemente preservar certo tempo a súa independencia, como [[Rodas]] ou [[Heraclea]]. Moitas outras cidades xogaron cos conflitos entre soberanos para preservar, mesmo provisoriamente, a independencia á que se aferraban orgullosamente.
 
Na verdade, o número de cidades aumentou considerabelmente durante este período. Os monarcas helenísticos fundaron varias ducias nos seus reinos, comezando polas súas propias capitais: [[Alexandría]], [[Antioquía]], [[Seleucia]] ou aínda [[Pérgamo]]. Os seléucidas fundaron cidades sobre a chaira iraniana ([[Apamea]], [[Laodicea]]).
 
[[Categoría:Grecia antiga]]
 
[[ar:الحضارة الهيلينية]]
{{Link FA|de}}
[[ca:GrèciaCivilització hel·lenística]]
{{Link FA|es}}
{{Link FA|fr}}
 
[[ar:عصر هلنستي]]
[[az:Ellinizm]]
[[bg:Елинизъм]]
[[ca:Grècia hel·lenística]]
[[cs:Helénismus]]
[[da:Hellenismen]]
[[de:Hellenismus]]
[[el:Ελληνιστική περίοδοςΠερίοδος]]
[[en:Hellenistic Greececivilization]]
[[eseo:PeríodoHelena helenísticocivilizo]]
[[es:Helenístico]]
[[fi:Hellenismi]]
[[fj:Na Matanitu ki Kirisi]]
[[fr:Époque hellénistique]]
[[he:יווןהתרבות ההלניסטית]]
[[fy:Hellenisme]]
[[he:יוון ההלניסטית]]
[[hr:Helenizam]]
[[hu:HellenizmusHellénizmus]]
[[id:Peradaban helenistik]]
[[hy:Հելլենիզմ]]
[[it:Ellenismo]]
[[ja:ヘレニズム]]
[[la:Graecianitas]]
[[ko:헬레니즘 시대의 그리스]]
[[lblv:HellenismusHellēnisms]]
[[mk:Хеленистички период]]
[[lt:Helenizmas]]
[[nds:Hellenismus]]
[[nl:Hellenisme]]
[[no:Hellenisme]]
[[pl:Epoka hellenistyczna]]
[[pt:Período helenísticoHelenismo]]
[[ru:Эллинизм]]
[[shsk:HelenizamHelenizmus]]
[[sv:Hellenism]]
[[sr:Хеленистичка ера]]
[[uk:Елліністична Греція]]
[[zh:希臘化時代的希臘]]