Gerardus Mercator: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: bs:Gerardus Mercator
m left -> esquerda
Liña 5:
== Biografía ==
DE ascendencia alemá, Mercator realizou os seus estudos na [[Universidade de Lovaina]] en [[1530]], so a dirección do astrónomo [[Frisius]], quen o iniciou na construción e representación do globo. En [[1538]], publicou o seu primeiro mapa do mundo, que seguía ao mapa da Terra Santa que sacara a luz no ano anterior. A partir de [[1552]], aceitou a cátedra de [[cosmografía]] da universidade de Duisburgo e traballou na elaboración dunha proxección da [[Terra]] que o levou a publicar, en [[1569]], as 18 follas de « A proxección de Mercator » que por fin fornecían aos navegantes unha descrición real dos contornos das terras.
[[Ficheiro:Gerardus Mercator statue.jpg|thumb|leftesquerda|Estatua de Mercator en Rupelmonde]]
A orixinalidade de Mercator reside na proxección da superficie terrestre sobre dun [[cilindro]] tanxente ao [[ecuador]], o cal presente a vantaxe de non deformar os [[ángulo]]s. Denomínase tamén representación cilíndrica tanxente, na que os [[meridiano]]s están espaciados regularmente mentres que a distancia entre os [[paralelo]]s aumenta con a [[latitude]]. Isto esaxera moito as superficies a medida que nos afastamos do ecuador.
A fins do [[século XVI]], a xeografía mundial ficaba por fin aclarada na súa forma e nas súas proporcións verdadeiras. Xunto con o espallamento da [[imprenta]], Europa tornouse no centro de información e de difusión de cartas xeográficas de cada máis fiábeis.