Galicia na monarquía visigoda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Viseu, Portugal
m left -> esquerda
Liña 1:
{{Historia Galega}}
No ano [[585]], [[Leovixildo]], rei [[visigodos|visigodo]] de [[Hispania]] e [[Septimania]], consegue rematar coa independencia política que os reis suevos mantiveran en Galiza dende o ano [[409]], derrotando ó derradeiro rei suevo, [[Andeca]]. Deste xeito, o territorio da chamada entón [[Gallaecia]], pasa a formar parte da órbita de poder de [[Toledo]], dende onde os monarcas [[visigodos]] exercían o seu poder tras seren expulsados da [[Galia]] polos [[francos]].
[[Ficheiro:Europe-600.jpg|thumb|leftesquerda|200px|Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; [[Hispania]], [[Gallaecia]] e [[Septimania]].]] O período de goberno visigodo en Galiza non supuxo ningún cambio brusco en relación a épocas pasadas, de xeito que a excepción das [[diocese]]s sitas na Lusitania, as dioceses galegas seguiron a desenvolver a súa actividade con notable normalidade, manténdose activas as dioceses de [[Braga]], [[Porto, Portugal|Porto]], [[Tui]], [[Iria Flavia|Iria]], [[Diocese de Britonia|Britonia]], [[Lugo]], [[Ourense]], [[Diocese de Astorga|Astorga]], [[Coimbra]], [[Lamego, Portugal|Lamego]], [[Viseu, Portugal|Viseu]] e [[Idanha]].
 
A organización territorial herdada de séculos anteriores non muda, e mesmo as elites culturais, relixiosas así como aristocráticas aceptaron aos novos monarcas, que se ben tiñan a súa corte en Toledo, asumían o control político de tres antigos reinos; [[Hispania]], [[Septimania]] e [[Gallaecia]], de xeito que nos concilios relixiosos como o realizado en Toledo no ano [[589]] estaban presentes ''episcoporum totius Hispaniae, Galliae et Gallaetiae''<ref> [[Iohannes Biclarensis]][http://la.wikisource.org/wiki/Chronicon_(Iohannes_Biclarensis) ''Chronicon Iohannis Biclarensis'' 590.1 = vv 330-341.]</ref> é dicir, "bispos de toda Hispania, Galia e Gallaecia", esta concepción tripartita atópase ao longo do goberno visigodo dende o ano 585, diferenciando mediante diversas fórmulas as tres entidades visigodas nos documentos como: ''fines Spanie, Gallie, Gallecie''<ref>[http://www.zeno.org/Geschichte/M/Delbr%C3%BCck,+Hans/Geschichte+der+Kriegskunst/2.+Teil.+Die+Germanen/4.+Buch.+Der+%C3%9Cbergang+ins+Mittelalter/3.+Kapitel.+Der+Verfall+der+urspr%C3%BCnglichen+germanisch-romanischen+Kriegsverfassung/Der+Text+der+Gesetze ''Wamba Lex''.]</ref> ou ''Spaniae et Galliae vel Gallitiae''<ref>[http://www.benedictus.mgh.de/quellen/chga/chga_045t.htm ''Synodus Toletana tertia''.]</ref> entre outras. Destaca neste contexto a figura de [[Froitoso de Braga|San Froitoso]], bispo galaico de ascendencia visigoda<ref>''San Fructuoso de Braga: vida y novena'', Juan Llorens, Vicente Rafael. 2007. p 21. Tamén [http://www.artehistoria.jcyl.es/civilizaciones/personajes/1387.htm]</ref>, famoso polas numerosas fundacións levadas a cabo por el en todo o occidente peninsular, case sempre en lugares agochados nas montañas e mesmo illas, sobresaíndo a súa austeridade<ref>Ed.Cardoso, 1996, p.24</ref>.