Evolución estelar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Combustión do osíxeno: fósforo (elemento)
m left -> esquerda
Liña 78:
 
=== Combustión do carbono ( > 8M<sub>Sol</sub> ) ===
[[Ficheiro:Carbonburn.png|leftesquerda|180px]]
Terminada a fusión do helio o núcleo volve a comprimirse e a elevar as súas temperaturas. Dos tres elementos que maioritariamente compoñen o núcleo neste estadio, carbono e osíxeno nun 90% máis un pouco de neon, é o carbono o que ten a temperatura de fusión máis baixa, uns 600 millóns de graos ('''610<sup>8</sup> K'''). Chegados a esta temperatura e a unha densidade duns '''2×10<sup>8</sup> kg/m³''', os átomos de carbono comezan a reaccionar entre si dando lugar diversos elementos máis pesados a través dunha serie de canles de saída distintos. A duración desta etapa será da orde duns centos de anos, podendo chegar ós 1.000 anos. As reaccións máis probables son as que saen recadradas no diagrama. A do [[sodio]]-23 ten un 56% de ocorrencia e a do neon-20 un 44%. Os protóns e as partículas alfa emitidas en sendas reaccións serán rapidamente recapturados polo carbono, o osíxeno, o neon e o propio sodio. Estas reabsorcións case non teñen efectos enerxéticos significativos, pero en canto á nucleosíntese si o son xa que farán que o sodio non estea presente entre os elementos sobrantes da combustión do carbono. Polo que respecta ó osíxeno, se ben se forma bastante pouco súmase ó que xa se formara durante o proceso triple alfa. Todo isto fará que quede un núcleo de osíxeno-16, neon-20, magnesio-24 e algunhas trazas de [[silicio]]-28. A composición das cinzas desta etapa é fundamentalmente a seguinte:
 
Liña 90:
 
=== Combustión do osíxeno ===
[[Ficheiro:Oxigenburn.png|leftesquerda|180px]]
Finalizada a etapa do neon o núcleo da estrela vólvese a quentar e contraer ata '''1,5''' a '''210<sup>9</sup> K''' e '''10<sup>7</sup> g/cm³''' temperatura e densidade a partir das cales se acada a ignición do osíxeno. A reacción de fusión nuclear do osíxeno produce diversas canles de saída, unhas máis probables ca outras, do mesmo modo que ocorría na fusión do carbono. A etapa dura uns poucos meses, quizabes un ano, e as súas cinzas son sobre todo [[silicio]]-28 acompañado de silicio-30, [[xofre]]-34, [[calcio]]-42 e [[titanio]]-46. Moitos destes elementos son subprodutos das reacciones con protóns, neutróns ou alfas recapturados. As tres reaccións máis probables son as que están recadradas. Resultará xofre-31 un 18% das veces [[fósforo (elemento)|fósforo]]-31 un 61% e silicio-28 un 21%.