Estadio Nuevo Colombino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m left -> esquerda
Liña 21:
O estadio foi proxectado polo arquitecto [[Huelva|onubense]] [[Joaquín Aramburu]] cun orzamento de 14 millóns de [[euros]] e a cargo da empresa AZAGRA. Está situado na marxe da ría de [[Huelva]], na actual Avenida do Decano (anteriormente Avenida de Francisco Montenegro). Foi deseñado para revitalizar a zona do porto coñecida como Barriada de Pescadería e para ofrecer ao seu titular, o [[Recreativo de Huelva]], un estadio moderno e funcional acorde coas expectativas deportivas sobre o club. Dáse a casualidade que eses terreos foron os mesmos nos que se comezou a xogar ao fútbol na cidade alá polo [[século XIX]].
 
[[Ficheiro: Edificios destacados de Huelva 009.jpg|leftesquerda|thumb|Vista desde a Ría de Huelva]]
[[Ficheiro: Nuevo Colombino Huelva 2007.JPG|leftesquerda|thumb|Vista da tribuna desde a praza principal.]]A súa capacidade é de 21.670 espectadores sentados, incluíndo así mesmo trinta e dous palcos privados e setenta e dúas prazas en cabinas de [[prensa]], sala de prensa de 110 metros cadrados, ximnasio de 226 metros cadrados e grandes vestiarios. Destaca nesta construción a súa tribuna principal, á que se accede desde o exterior a través dunha praza alta con vistas á ría e na que se atopan os despachos de billetes, a tenda oficial e un restaurante. No interior esta tribuna aparece cuberta por unha visera que cobre tanto a parte media como a alta. Na actualidade está en marcha un proxecto de ampliación do novo estadio, obra proxectada polo arquitecto Joaquín Aramburu e Francisco Botella, que permitirá que o campo conte con 5.000 novas localidades, pasando de 21.670 espectadores a 26.670.
 
== Inauguración ==