Emma Watson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m left -> esquerda
Liña 37:
== Traxectoria ==
En [[1999]] comezaron os castings para ''[[Harry Potter e a pedra filosofal (filme)| Harry Potter e a pedra filosofal]]'', a adaptación cinematográfica do supervendas homónimo da novelista inglesa [[J. K. Rowling]]. Os encargados do casting atoparon a Watson a través da súa profesora de teatro en [[Oxford]] e os produtores ficaron gratamente abraiados pola confianza en si mesma que tiña a rapaza. Tras oito audicións, o produtor David Heyman comunicoulles a Watson, [[Daniel Radcliffe]] e a [[Rupert Grint]], que foran seleccionados para interpretar a [[Hermione Granger]], [[Harry Potter (personaxe)|Harry Potter]] e [[Ron Weasley]], respectivamente. A autora da novela, Rowling, xa mostrara o seu apoio a Watson dende que viu a súa primeira proba.
[[Ficheiro:Harry Potter cast.jpg|thumb|leftesquerda|180px|Pegadas das mans e pés de dos protagonistas da saga Harry Potter]]
[[Ficheiro:Emma Watson GoF Premiere Crop.jpg|thumb|right|Watson na estrea de ''[[Harry Potter e o Cáliz de fogo (filme)|Harry Potter e o Cáliz de fogo]]'' no 2005]]
O debut de Watson como Hermione Granger chegou en 2001, coa estrea de ''[[Harry Potter e a pedra filosofal (filme)|Harry Potter e a pedra filosofal]]'', película que bateu récords de taquilla durante a súa primeira fin de semana, sendo a produción máis taquilleira dese ano. A crítica eloxiou, maioritariamente, o traballo da tríade protagonista, facendo fincapé na interpretación de Watson. O xornal inglés ''The Daily Telegraph'' describiu o seu traballo como «admirable», e IGN afirmou «fíxose dona da función». Watson foi nomeada a cinco premios polo seu traballo, acadando o Young Artist á Mellor interpretación xuvenil-Protagonista (Young Artist Award for Leading Young Actress).