Cerdanyola del Vallès: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m left -> esquerda
Liña 40:
O núcleo urbano empezouse a formar dividíndose en dous barrios, o Barrio de Arriba, que data de [[1828]] e formouse por mor da estrada de Sant Cugat (actual [[BV-1415]]), e o Barrio de Abaixo, de [[1845]] relacionado coa construción do [[ferrocarril]]. Nesta época a actividade económica principal segue sendo a explotación e produción do viño, a pesar da crise que produciu a chegada da [[filoxera]]. Era un municipio tradicionalmente agrícola, con cultivo de cereais, viña e forraxe.
 
[[Ficheiro:C Cerdanyola.jpg|200px|leftesquerda|thumb|''C'' de Cerdanyola]]
A finais do [[século XIX]] Cerdanyola converteuse nun pobo de [[veraneo]] pola burguesía catalá. Multiplicáronse as casas residenciais en barrios como [[Montflorit]] e [[Bellaterra]]. Pouco despois os dous barrios uníronse e edificaron a nova parroquia e a casa consistorial, obra de [[Josep Maria Balcells]]. Foi nesta época cando a vila foi un punto de encontro para artistas como [[Enric Granados]], [[Pau Casals]], [[Josep Viladomat]], [[Josep de Togores]], [[Carles Buïgas]] ou [[Ismael Smith]].