Cantiga de amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución automática de "GalanimKorb.jpg" por "Codex_Manesse_071v_Kristan_von_Hamle.jpg" segundo o ordenou [[commons:User:AndreasPraefcke|AndreasPraefc...
m left -> esquerda
Liña 10:
==O amor cortés==
===Orixes===
[[Ficheiro:Court of Love in Provence in the Fourteenth Century Manuscript of the National Library of Paris.png|200px|thumb|leftesquerda|Amor cortés na [[Provenza]] no Manuscrito do s. XIV da Biblioteca Nacional de [[París]]]]
O amor cortés, que é o elemento vertebrador da cantiga de amor, consiste no traslado das relacións sociais feudais ao campo amoroso, de maneira que a ''senhor'' galega (''midóns'', na [[Occitania]]) pasa a desenvolver o papel de señor feudal, mentres que o poeta tería que sufrir o ''rol'' de servo. Como se pode ver, a muller aparece neste caso situada nun cume social, mentres que o home (o poeta) está nun estamento superior. Isto, evidentemente, atentaba contra calquera concepción social, posto que na [[Idade Media]] o poder económico das mulleres era practicamente nulo, se ben é certo que en territorios do Sur da Occitania as mulleres contaban cunha independencia económica superior á que tiñan o resto de mulleres do contorno europeo (pois podían herdar e manter os seus bens unha vez casadas). Aínda así, o seu poder socioeconómico non era superior ao dos homes.