The Beach Boys: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "Seis_Beach_Boys.gif" que foi borrado en Commons por Denniss. Motivo: Per commons:Commons:Deletion requests/File:Seis Beach Boys.gif
Xián (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
 
==Historia==
The Beach Boys formouse en [[1961]], e nese ano saíu o seu primeiro sinxelo, [[Surfin']]. Os seus primeiros éxitos ''Surfin' USA'' ([[1963]]), ''Fun, fun, fun'' ([[1964]]) e ''California girls'' ([[1965]]) falaban sobre unha especie de utopía suburbana adolescente nas praias e arrasaron en todo o país, axudados por arranxos intelixentes e bonitas melodías. O seu primeiro número un alcánzano en 1964 con ''I Get Around'' e máis adiante repiten en 1965 con ''Help me Rhonda''.
 
Brian Wilson foi o autor da maioría das cancións, aínda que unha doenza de oído lle obriga a deixar as actuacións en directo e empeza a dedicarse en exclusiva á creación e produción de novos temas. Substituíulle no directo Bruce Johnston, que se converteu no sexto membro dos Beach Boys, aínda que abandonaría o grupo a principios dos 70 para volver entrar nel a finais desa década.