Arquitectura románica en Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Provincia da Coruña: Fernando II de León e Galicia
m left -> esquerda
Liña 12:
== Arquitectura por provincias ==
=== Provincia da Coruña ===
[[Ficheiro:SM-Breamo-304.jpg|leftesquerda|thumb|[[Igrexa de San Miguel de Breamo]] [[Pontedeume]].]]
[[Ficheiro:FachadaIgrexaStaMaríadeCambre.jpg|leftesquerda|thumb|[[Igrexa de Santa María de Cambre]] [[Cambre]].]]
A principal obra románica da [[provincia da Coruña]] e toda [[Galicia]] é, sen dubida, a [[Catedral de Santiago de Compostela]]. Non existen dúbidas do importante papel que exerceron as peregrinacións, que, ao longo do camiño tiñan como obxectivo chegar á tumba do apóstolo, para o florecemento do estilo románico en Galicia. O nacemento da catedral de Santiago de Compostela ten a súa orixe nestas peregrinacións, sendo reedificada en diversas ocasións durante o período románico. Na cidade de Compostela, destacan xunto á catedral como exemplos de arte románica a [[Colexiata de Santa María de Sar]] e a [[Igrexa de Santa María de Salomé]].
 
Xunto á capital administrativa galega, destaca como centro da arte románica o Golfo Ártabro, ademais da cidade da [[A Coruña|Coruña]] e os seus arredores, lugares no que se atopan algunhas das mellores mostras do románico galego na provincia.
 
[[Ficheiro:Colegiata.jpg|leftesquerda|thumb|[[Real Colexiata de Santa María do Campo]] [[A Coruña]].]]
 
Na Golfo Ártabro destacan como exemplo a [[Igrexa de San Xoán de Vilanova]] ([[Betanzos]]), a [[Igrexa de San Miguel de Breamo]] ([[Pontedeume]]) e a [[Igrexa do Mosteiro de San Martiño de Couto]]) na parroquia de Xubia, no concello de [[Narón]]. A primeira trátase dunha igrexa pertencente ao románico primitivo, entroncado co prerrománico asturiano e o románico lombardo<ref>http://www.arteguias.com/romanico_artabro.htm Románico en el Golfo Ártrabo, 6º parágrafo</ref>. A Segunda foi cabeza dun pequeno mosteiro de cóengos regulares agostiños, amparados por [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] (1157-1188), mantida ata comezos do [[século XVII]]. Tralo cal pasou a ser priorato, e posteriormente, ermida a cargo da parroquia de Vilar. Semella estar relacionada co mundo Templario, aínda que non existen datos que o confirmen <ref>http://www.arteguias.com/romanico_artabro.htm, Románico en el Golfo Ártrabo 7º parágrafo</ref>. A terceira pertence ao [[Mosteiro de San Martiño de Couto]], e constitúe un dos mellores exemplos do románico tardío na provincia<ref>http://www.arteguias.com/romanico_artabro.htm, Románico en el Golfo Ártrabo 8º parágrafo</ref>.
Liña 24:
 
=== Provincia de Lugo ===
[[Ficheiro:CatedralSanMartinho.JPG|leftesquerda|thumb|Antiga catedral de [[Basílica de San Martiño de Mondoñedo|San Martiño de Mondoñedo]], [[Foz]].]]
Na provincia de Lugo, destacan como centros da arquitectura románica a [[Mariña Luguesa]], e os arredores da capital provincial, ademais da beira luguesa da [[Ribeira Sacra]]. Sendo estas dúas últimas as que presentan máis monumentos románicos.
 
Liña 37:
Trala súa construción o edificio foi reformado en diversas ocasións. A pesares das reformas, o interior do templo é basicamente dun estilo románico tardío. Pertencen á arquitectura románica os paramentos verticais e a bóveda da nave do cruceiro, ademais da maior parte da naves maior, laterais e [[triforio]], cuxas bóvedas foron restauradas no [[século XVIII]], ademais da porta norte, que se atopa acubillada por un soportal gótico no que se atopa un tímpano. Na catedral están presentes tamén outros estilos como o [[arquitectura gótica|gótico]] (primeiro corpo da torre das campás [[1570]], o [[nártex]] ou pórtico norte 1510-1530, primeiro corpo da capela maior e as capelas da xirola agás a central, así como as capelas de Santo Domingo dos Reis [[1370]] e San Froilán [[1480]]), o [[barroco]] (sancristía [[1678]], a sala capitular e os seus arredores [[1683]], o [[claustro]] [[1714]] e a capela central da xirola, chamada dos Ollos Grandes [[1726]]) e o [[Renacemento|renacentista]] (segundo corpo da capela maior, a actual capela de San Foilán e a fachada, obra da segunda metade do século [[XVIII]]).
 
[[Ficheiro:Santa marina.JPG|thumb|leftesquerda|[[Igrexa de Santa Marina de Sarria|Igrexa de Santa Marina]], [[Sarria]].]]
[[Ficheiro:Portomarin-sannicolas.jpg|thumb|[[Igrexa de San Nicolás de Portomarín]].]]