Aquiles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m left -> esquerda
Liña 38:
Privados do seu apoio, os gregos sofren derrota tras derrota, e cando os gregos están acurralados e os troianos ameazan con queimaren as súas naves, o vello sabio Néstor convence a Patroclo, o amigo e amante de Aquiles, para que o substitúa. Patroclo obtén o permiso de Aquiles para salvar os gregos levando as súas armas. A manobra ten éxito pero Patroclo, malia a súa promesa a Aquiles, emprende a persecución. É matado por [[Héitor]], que toma as armas de Aquiles como botín. Furioso e humillado — enganado por Patroclo —, Aquiles decide vingarse, malia as advertencias da súa nai: enfrontárase con Héitor, el ha morrer pouco tempo despois. [[Hefesto]] fórxalle novas armas, coas que sae á procura de Héitor.
 
[[Ficheiro:Akhilleus_Patroklos_Antikensammlung_Berlin_F2278.jpg|thumb|leftesquerda|220px|Aquiles curando a [[Patroclo]], kylix de figuras vermellas do pintor de Sosias]]
 
Revestido coa súa armadura máxica, traba outra vez combate e abate un gran número de troianos ao seu paso, ata tal punto que as augas do [[río Escamandro|Escamandro]] están manchadas de cadáveres. Ofendido, o Escamandro houbo de afogar a Aquiles. Por fin atopa a Héitor, desafíao e mátao coa axuda de Atenea. Arrastra os seus retos tres veces ao redor da cidade, cun carro que habitualmente guiaba [[Automedonte]] e cada día ao redor da tumba de Patroclo.
Liña 66:
 
==Culto==
[[Ficheiro:Johann Heinrich Füssli 064.jpg|thumb|leftesquerda|250px|''[[Tetis]] chora a morte de Aquiles'', por [[Heinrich Füssli|Füssli]] ([[1780]])]]
 
Aquiles é obxecto dun [[culto heroico grego|culto heroico]] en varias rexións do [[mar Mediterráneo|Mediterráneo]]. É difícil saber como naceu o culto, pois os cultos heroicos focalízanse polo xeral sobre a tumba do heroe. Así, os restos de Aquiles suponse que se atopan nas ribeiras do [[Helesponto]], non lonxe de Troia: n’''A Ilíada'' (XXIII), Patroclo é enterrado nese lugar, e o seu fantasma pídelle a Aquiles que as súas cinzas se enterren no mesmo sitio. ''A Odisea'' no seu canto XXIV confirma a cuestión.