Ana de Cleves: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m left -> esquerda
Liña 39:
 
== Divorcio ==
[[Ficheiro:Bruyn Anne of Cleves.jpg|thumb|200px|leftesquerda|Retrato de Ana de Cleves ao redor de 1540.]]Se cadra por iso, [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] non se sentiu compracido coa chegada de Ana a [[Inglaterra]] aínda que casaron o [[6 de xaneiro]] de [[1540]] no [[Palacio de Placentia]], en [[Greenwich]], preto de [[Londres]]. Henrique arelaba crebar o enlace mais non quería ser violento nin inxusto con Ana, así que decontado atopou un pretexto para o divorcio. Esta maridanza foi o comezo da fin do [[Chanceler]] do rei, [[Thomas Cromwell]], por ser el o que propuxera o matrimonio con Ana de Cleves crendo así que reforzaría os lazos con outros aliados luteranos.
 
Dentro das numerosas damas das que dispuña Ana de Cleves, atopábase unha rapariga duns quince anos, mais non exenta de beleza, chamada [[Catarina Howard]], curmá da antiga raíña [[Ana Bolena]], da que o rei, ao igual que fixera coa súa curmá, namourouse rapidamente, iniciando unha apaixonada relación sentimental case de inmediato.