Batalla de Belchite (1937): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Carronada (conversa | contribucións)
m →‎Ofensiva republicana: cemento (construción)
Liña 43:
Nas dúas primeiras frontes (norte e centro) só se logrou ocupar terreo baleiro. Na fronte sur as poboacións de [[Quinto, Aragón|Quinto]], [[Mediana de Aragón]] e [[Codo]] estaban escasamente guarnecidas e caeron en poder do exército republicano o [[26 de agosto]], aínda que as tropas republicanas da División 11° (mandada por [[Enrique Líster]]) e da División 25° (dirixida por [[Juan Modesto]]) gastan algúns días máis en reducir os núcleos de resistencia do [[bando nacional]] que van quedando atrás, detendo o avance cara a [[Fuentes de Ebro]].
 
As tropas da 45° División, dirixidas por [[Emilio Kléber]], chegan a seis quilómetros de [[Zaragoza]] e ameazan directamente a cidade, pero non logran lanzar un ataque contra ela porque mentrasmentres tanto as Divisións 11° e 25° adícanse a eliminar un inesperado foco de resistencia dos nacionais situado na localidade de [[Belchite]]. Para entón dita localidade formara unha bolsa de resistencia apreciable, onde a defensa dos nacionais sitiados foi considerable, aínda que só estaban concentrados alí uns 7.000 soldados dirixidos polo comandante [[Alfonso Trallero]] (que pereceu na defensa).
 
Parapetados en fortificacións de [[ferro]] e [[cemento (construción)|cemento]] e dispoñendo de varios niños de [[ametralladora]]s, os nacionais aproveitaron os edificios de [[Belchite]] para instalar o seu dispositivo de defensa, colocando sacos de area como [[barricada]]s nas rúas da localidade, para retardar o avance das forzas republicanas que trataban de reducir a ''bolsa'' desde o [[1 de setembro]]. Aínda cercados, os sublevados defendéronse tenazmente durante varios días, mentrasmentres que as tropas republicanas detiñan o seu avance noutras zonas para adicarse a sofocar a resistencia de Belchite.
 
Entón o maior de milicias [[Juan Modesto]] decidiu lanzar toda a División 25° da República contra Belchite, para eliminar este bastión á retagarda das súas tropas, a aviación republicana colaborou neste esforzo, até que a propia poboación quedou destruída polos ataques de [[artillería]] e bombardeos aéreos; a acumulación de entullos en Belchite dificultou máis á infantería republicana a súa tarefa de reducir aos defensores da vila. Esta operación significou unha demora de cinco días máis, pois os nacionais cercados en Belchite resistiron até o [[7 de setembro]]. Para ese momento a fronte dos nacionais recibira reforzos, e desde [[Zaragoza]] planificouse unha contraofensiva a partir do [[30 de agosto]], que recuperou algún terreo pero foi detida pola 45° División de Kléber e non logrou socorrer aos nacionais cercados en Belchite. De feito, cando a 11° División de Modesto sofocou a resistencia en Belchite, o avance da 45° División xa fora repelido polos nacionais.