Diferenzas entre revisións de «Fibrocito»

sen resumo de edición
Un '''fibrocito''' é unha célula [[mesénquima|mesenquimática]] inactiva, que ten un [[citoplasma]] pequeno, un [[retículo endoplasmático]] rugoso pouco extenso e non presenta evidencias bioquímicas de síntese proteica.
O termo ''fibrocito'' contrasta co termo ''[[fibroblasto]]''. Un fibrocito pode ser considerado como un fibroblasto en repouso. Os fibroblastos son células activas do [[tecido conectivo]] caracterizadas pola síntese de proteínas da [[matriz extracelular]] fibrosa, especialmente [[coláxeno]]s. Cando o tecido sofre danos, as células mesenquimáticas predominantes, os fibroblastos, críase que derivaban dos fibrocitos ou de células do [[músculo liso]] que revisten os vasos sanguíneos ou glándulas. Normalmente, os fibroblastos expresan a proteína [[actina]] do músculo liso, unha forma de actina que se atopou primeiro nas células musculares lisas e non se atopa nos fibrocitos inactivos. Os fibroblastos que expresan esta forma de actina denomínanse "miofibroblastos[[miofibroblasto]]s" <ref>Boris Hinz, Sem H. Phan, Victor J. Thannickal, Andrea Galli, Marie-Luce Bochaton-Piallat, Giulio Gabbiani. The Myofibroblast. One Function, Multiple Origins.
Am J Pathol. 2007 June; 170(6): 1807–1816. doi: 10.2353/ajpath.2007.070112 PMCID: PMC1899462 [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1899462/]</ref>.
 
193.963

edicións