Diferenzas entre revisións de «Fibrocito»

sen resumo de edición
O termo ''fibrocito'' contrasta co termo ''[[fibroblasto]]''. Os fibroblastos son células activas do [[tecido conectivo]] caracterizadas pola síntese de proteínas da [[matriz extracelular]] fibrosa, especialmente [[coláxeno]]s. Cando o tecido sofre danos, as células mesenquimáticas predominantes, os fibroblastos, críase que derivaban dos fibrocitos ou de células do [[músculo liso]] que revisten os vasos sanguíneos ou glándulas. Normalmente, os fibroblastos expresan a proteína [[actina]] do músculo liso, unha forma de actina que se atopou primeiro nas células musculares lisas e non se atopa nos fibrocitos inactivos. Os fibroblastos que expresan esta forma de actina denomínanse "miofibroblastos".
 
Recentemente o termo "fibrocito" foi aplicado tamén a células transportadas polo sangue que poden abandonar a circulación, entran nos tecidos e convértense en fibroblastos <ref>Robert M. Strieter, Ellen C. Keeley, Marie D. Burdick, Borna Mehrad. The Role of Circulating Mesenchymal Progenitor Cells, Fibrocytes, in Promoting Pulmonary Fibrosis. Trans Am Clin Climatol Assoc. 2009; 120: 49–59. PMCID: PMC2744511 [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2744511/]</ref>. Como parte do tema máis xeral da bioloxía das [[célula nai|células nais]] ou troncais, varios estudos suxiren que o sangue contén células derivadas da medula ósea que poden diferenciarse en fibroblastos. Estas células expresan o marcador de superficie de [[célula hematopoiética|células hematopoiéticas]] CD34+, CD45+, e tamén o [[coláxeno]]. Estas células poden migrar aos sitios que sufriron danos, o que suxire que exercen unha función na [[curación de feridas]]. Outros estudos suxiren que os fibrocitos median a curación das feridas e a reparación do tecido fibrótico.<ref name=yang>Yang L, et al., Peripheral blood fibrocytes from burn patients: identification and quantification of fibrocytes in adherent cells cultured from peripheral blood mononuclear cells. Lab Invest. 2002 Sep;82(9):1183-92.</ref><ref>Schmidt M, Sun G, Stacey MA, Mori L, Mattoli S. Identification of circulating fibrocytes as precursors of bronchial myofibroblasts in asthma. J Immunol. 2003 Jul 1;171(1):380-9. </ref><ref>Moore BB, Kolodsick JE, Thannickal VJ, Cooke K, Moore TA, Hogaboam C, Wilke CA, Toews GB. CCR2-mediated recruitment of fibrocytes to the alveolar space after fibrotic injury. Am J Pathol. 2005 Mar;166(3):675-84. </ref>
 
==Notas==
193.963

edicións