Cimento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: nn:Bygningsfundament
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: cs:Základový pas; cambios estética
Liña 7:
A elección do tipo de alicerces depende especialmente das características mecánicas do terreo, como a súa cohesión, o seu [[ángulo de rozamento interno]], posición do [[nivel freático]] e tamén da magnitude das cargas existentes. A partir de todos estes datos calcúlase a [[capacidade portante]], que, dependendo da homoxeneidade do terreo, úsase un ou outro tipo diferente de cimentación. Sempre que sexa posible, empréganse cimentos superficiais, xa que son menos custosos e máis simple de executar.
 
=== Cimentos superficiais ===
Tecnicamente, os cimentos superficiais, rasos ou directos son aqueles en que a profundidade de escavación está a pouca distancia da base do edificio, sendo máis empregadas en casos de cargas leves, como [[residencia]]s, ou no caso de solo firme. A [[viga de cimentación]] (baldrame) é o tipo máis simple de cimento superficial. É unha [[viga]], que pode ser de [[albanelaría]], de [[formigón]] ou [[formigón armado]] construída directamente no solo, dentro dun pequeno foxo. Outro tipo de cimento superficial é a [[zapata]], que pode ser do tipo illada, corrida ou centrada.
 
* [[Zapata]]s illadas: soportan piares illados que poden ser interiores, medianeiros ou de esquina
* Zapatas combinadas: dous piares contiguos.
* Zapatas corridas: conxunto de tres piares ou máis ou muros.
* [[Pozo de cimentación|Pozos de cimentación]]: buratos para piares illados.
* [[Viga de cimentación|Vigas de cimentación]]: integran de xeito linear varios piares ou un muro.
* Emparrillados: vigas de cimentación, en xeral, en retícula.
* [[Placa de cimentación|Placas de cimentación]].
 
=== Cimentos profundos ===
Os cimentos profundos son máis utilizadas en casos de [[edificio]]s altos en que os esforzos do vento se tornan considerábeis, ou nos casos en que o solo só atinxe a resistencia desexada en grandes profundidades. Os tipos máis comúns de cimento profundo son as estacas cónicas e as estacas flotantes. As [[estaca]]s, conforme o material de que son constituídas, poden ser: de madeira, metálicas, formigón armado ou premoldadas.
 
Liña 28:
[[be-x-old:Падмурак]]
[[ca:Fonamentació]]
[[cs:Základový pas]]
[[da:Fundament]]
[[de:Gründung (Bauwesen)]]