Martin Heidegger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: ckb:مارتن ھایدگەر
m →‎Traxectoria: Friburgo de Brisgovia - Freiburg im Breisgau
Liña 24:
[[Ficheiro:Grab Heidegger.JPG|thumb|left|Lápida de Heidegger en Messkirch.]]
 
Estudou [[teoloxía]] e filosofía en [[Friburgo de Brisgovia - Freiburg im Breisgau|Friburgo]] acadando finalmente en 1915 a habilitación nesta última disciplina baixo a tutela de [[Heinrich Rickert]]. Tras un período docente de cinco anos na Universidade de Marburgo, substitúe en [[1928]] ó seu mentor [[Edmund Husserl]] na cátedra que este ostentaba na [[Universidade]] de [[Friburgo]]. Posteriormente, trala subida ó poder de [[Adolf Hitler|Hitler]], foi nomeado en [[1933]] [[reitor]] desta Universidade.
 
Un ano despois renuncia ó cargo de reitor debido a certas discrepancias co [[Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores|Partido Nazi]] en torno á destitución dalgúns profesores críticos co réxime nazi. De todas as maneiras, estes acontecementos mancharán inevitablemente para sempre o seu labor intelectual. Coa fin da [[II Guerra Mundial]] e a ocupación de Alemaña, as autoridades aliadas destitúen a Heiddeger como profesor en Friburgo ata que é rehabilitado de novo en [[1951]]. Comeza así unha época na que imparte diversos [[seminario]]s e [[conferencia]]s nos que se vai acentuando unha [[linguaxe]] cada vez máis [[poesia|poética]] e enigmática allea ó [[sistematicismo]] dominante na historia da filosofía.