Hans-Georg Gadamer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m mudando influenza (doenza) por influencia (acción de influír)
m →‎Pensamento: metodoloxía
Liña 6:
O proxecto gadameriano consiste, esencialmente, nunha reconstrución da [[hermenéutica]] a partir da fusión de certas ideas de [[Martin Heidegger | Heidegger]] coa filosofía [[Romanticismo|romántica]] e o [[historicismo]] de Dilthey. Do primeiro toma a “hermenéutica existencial” de ''Ser e tempo'' e o seu posterior interese ontolóxico pola [[linguaxe]], dos segundos a revalorización da “tradición” e a “dialéctica” hegeliana modelada baixo a noción de “diálogo” socrático-platónico e, por último, toma de [[Dilthey]] a idea de “consciencia histórica” e a radical distinción entre ''ciencias humanas'' e ''ciencias da natureza''.
 
Gadamer substitúe a [[hermenéutica]] tradicional, concibida como un [[metodoloxía|método]] filolóxico de interpretación (''esexese'') de textos relixiosos ou xurídicos, por unha hermenéutica filosófica de alcance universal. A hermenéutica filolóxica consistía unicamente nun método para entender textos escuros ou pouco intelixibles. Gadamer, en cambio, supera a mera concepción metodolóxica da hermenéutica e dálle unha dimensión ontolóxica ó considerar o “entender”, na liña heideggeriana, como unha estrutura básica da [[existencia]] humana. Non se trata só da comprensión de textos, pois toda actividade humana está atravesada polo fenómeno da interpretación. Desta maneira, na medida en que a interpretación é unha acción lingüística, esténdese o fenómeno lingüístico á toda a realidade (''panlingüísmo''). A partir de aquí conclúe Gadamer que a [[verdade]] non pode consistir nun acto cognoscitivo definitivo e inamovible, senón nunha interpretación historicamente renovable nun proceso de diálogo ou '''conversación hermenéutica''' sen fin.
 
Gadamer chega a estas conclusións no libro ''Verdade e método'' reflexionando sobre a contemplación da obra de [[arte]] e o coñecemento histórico, dúas experiencias de verdade diferentes da experiencia científica.