Liza Minnelli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: fy:Liza Minnelli
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 7:
Liza gañou un [[Premios Tony|tony]] aos dezanove anos de idade e, en [[1969]], aos 23, foi por primeira vez candidata ao [[óscar]], polo seu papel de 'Pookie Adams' em ''[[The Sterile Cuckoo]]''. Despois de distintas participacións cinematográficas, en [[1972]] conseguiu o óscar pola actuación que marcou a súa carreira e que lle deu sona internacional, facendo de Sally Bowles no filme ''[[Cabaret (filme)|Cabaret]]''.
 
Os anos 70 foron de moito traballo para Liza, actuando e cantando en todo tipo de escenarios. Adoitaba ir ao [[Studio 54]], o máis famoso clube nocturno da cidade de [[Nova York]]. En [[1974]], participou como narradora no filme ''[[That's Entertainment!]]'', con [[Fred Astaire]] e [[Gene Kelly]]. Casou de segundas en [[1974]] co [[Produción audiovisual|produtor]] e director de [[televisión]] [[Jack Haley Jr.]], e de terceiras en [[1979]] co escultor [[Mark Gero]], de quen tamén se acabou por [[divorcio|divorciar]].
 
O seu estilo característico é unha voz moi potente e forte, característica que compartía coa nai, e boa mostra diso son os seus dous temas máis coñecidos: o do filme ''Cabaret'' e mais a canción ''[[New York, New York (canción)|New York, New York]]'' que interpretaba ela no [[New York, New York (filme)|filme homónimo]] e que logo se fixo aínda máis sonada na versión do seu amigo [[Frank Sinatra]].