Satélite (viroloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
'''Ácidos nucleicos satélites'''
}}
En Viroloxía un '''satellite''' é un [[axente subviral]] infectivo composto por un [[ácido nucleico]] que depende para a súa replicación da coinfección dunha célula xunto cun virus axudante (''helper virus'') específico no interior do cal vai. Son "virus" que van dentro doutros virus e infectan xuntos. O satélite pode ter a súa propia cápsida proteica ou non ter ningunha, pero sempre vai dentro do outro virus axudante. Cando o satélite codifica a proteína da súa cápsida recibe o nome de '''virus satélite''', xa que ten os dous compoñentes dun virus normal (cápsida e ácido nucleico). Atopouse un virus satélite do [[mimivirus]] (vai no interior do mimivirus) que inhibe a replicación do seu virus hóspede ou axudante, polo que a este satélite se lle chama virófago. <ref>{{Cite journal |author=Bernard La Scola, Christelle Desnues, Isabelle Pagnier, Catherine Robert, Lina Barrassi, Ghislain Fournous, Michèle Merchat, Marie Suzan-Monti, Patrick Forterre, Eugene Koonin and Didier Raoult |title=The virophage as a unique parasite of the giant mimivirus |journal=Nature |volume=455 |issue=7205 |pages= 100|year=2008 |pmid= 18690211|doi=10.1038/nature07218}}</ref> Pero o uso deste termo é controvertido, porque non hai diferenzas fundamentais entre os virófagos e os virus satélites clásicos. <ref>{{cite journal|title=Virophages or satellite viruses?|journal=Nat Rev Microbiol|year=2011|volume=9|issue=11|pages=762–763|doi=10.1038/nrmicro2676|pmid=22016897|url=http://www.nature.com/nrmicro/journal/v9/n11/full/nrmicro2676.html|author=Krupovic M, Cvirkaite-Krupovic V}}</ref> Outros satélites carecen de cápsida, polo que se denominan "ácidos nucleicos satélites", e dentro deles hainos de ADN, ARN, monocatenarios, bicatenarios, grandes, pequenos, liñais ou circulares. Os ARN satélites monocatenarios circulares clasifícanse e denomínanse [[virusoide]]s.
 
As partículas virais satélites non deben confundirse co [[ADN satélite]].