Diferenzas entre revisións de «Himnos homéricos»

sen resumo de edición
Os '''''Himnos homéricos''''' son unha colección de trinta e catro (ou trinta e dous, segundo se conte) breves poemas [[épica|épicos]] [[literatura grega|gregos]]. Hoxe estímase que o máis antigos dos himnos, o de [[Demeter]], se remonta á época de [[Hesíodo]].
 
Cada himno está dedicado a un deus, e destinábase a ser cantado polo [[aedo]] en forma de preludio ou proemio (do [[grego antigo]] προοίμιον ''prooímion''), antes de pasar a unha obra máis longa. Os ''Himnos homéricos'' varían no seu obxecto, o seu tamaño (de cinco a cincocentos cincuenta versos), a súa época de redacción (entre o [[século –VII-VII]] e o [[século IV|IV]]): poucas son as cousas que teñen en común os poemas desta colección
 
O epíteto de « homérico », que lles outorgan, só se debe á súa métrica común, o [[hexámetro dactílico]], verso da epopea. Entre os factores de homoxeneidade entre estas obras, atopamos igualmente certas fórmulas idénticas, anunciando que despois do ''Himno homérico'' ía seguir outro poema: ''…Saúde a ti, e heite cantar noutro himno''.
* o ''Himno a Dioniso'' é a descrición do espanto que inspira o deus a unha tripulación á que toma como reféns e masacra.
 
* o ''Himno a Pan'' brilla polo seu estilo, moi rebuscado e digno das sutilidadessutilezas máis finas do [[Alexandrinismo]].
 
* o ''Himno a Ares'' é menos homérico que [[orfismo (relixión)|órfico]]: constitúe une aproximación relativamente revolucionaria á concepción da relación entre homes e deuses, xa que nel se invoca ao deus das carnaxes para impedilas: pídeselle ao deus que preserve ao crente dos seus atributos, no canto de lle solicitar participar deles. De feito, este himno é moi tardío.
188.841

edicións