Elemento dos vasos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
A presenza de vasos no xilema é considerada unha das innovacións evolutivas chave que levaron ao éxito das plantas con flor. Pensábase antes que esta innovación era exclusiva das plantas con flor, pero a súa ausencia nalgunhas anxiospermas basais e a súa presenza nalgúns membros das [[Gnetales]] suxire que esta hipotese debe ser reexaminada; os elementos dos vasos nas Gnetales non poden ser homólogos dos das anxiospermas, ou os elementos dos vasos que se orixinaron nun precursor das anxiospermas puideron perderse posteriormente nalgunhas liñaxes basais (por exemplo, [[Amborellaceae]], [[Tetracentraceae]], [[Trochodendraceae]], e [[Winteraceae]]), descritas por [[Arthur Cronquist]] como "primitivamente sen vasos". Cronquist considera que os vasos de ''[[Gnetum]]'' son resultado dunha evolución converxente cos das anxiospermas.
 
Células similares ás dos vasos tamén se atoparon no xilema de [[pteridófitaPteridophyta]]s como ''[[Equisetum]]'', ''[[Selaginella]]'', ''[[Pteridium aquilinum]]'' (bracken fern), ''[[Marsilea]]'' e ''[[Regnellidium]]'' ([[fento acuático]]), e o enigmático grupo fósil das [[Gigantopteridales]]. Nestes casos, admítese xeralmente que os vasos evolucionaron independentemente. Puido acontecer tamén que os vasos aparecesen máis dunha vez entre as anxiospermas.
 
==Notas==