Eurico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: sh:Eurih
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 5:
O reinado de Eurico coincidiu coa [[caída do Imperio Romano|disolución]] do [[Imperio Romano]] de Occidente, ao ser destronado o último emperador [[Rómulo Augústulo]] en [[476]]. Os [[visigodos]] asinaran un ''[[foedus]]'' con [[Roma antiga|Roma]] no [[418]], en virtude do cal convertéronse en federados do Imperio e permitir asentarse no sur das [[Galia]]s. Este rei independizou o reino visigodo e aboliu a dependencia anterior.
 
Apoderouse de diversos territorios das [[Galia]]s e [[Hispania]]. Guerreou nas Galias contra os [[francos]] e [[saxóns]]. Foi o seu reino nese momento o máis poderoso e influente de [[Europa]]. A súa [[corte real|corte]] residía en [[Toulouse|Tolosa]] (Toulouse), aínda que nominalmente en [[Arlés]]. Pero foi sobre todo Tolosa a cidade que tivo a categoría do que agora consideramos como [[capital]] do reino. A historiografía española menciónao como '''[[Reino de Tolosa]]''' e abarcaba unha gran extensión da [[Península Ibérica]] (salvo a rexión de [[Galiza]], controlada polos [[Suevo]]s), e gran parte da Galia ao oeste do [[Rhin]] e ao sur do [[Río Loira (Francia)|Loira]].
 
Foi un rei que demostrou un gran talento político. Publicou unha corpo legal de [[dereito visigodo]], o ''Codex Euricianus'' ou [[Código de Eurico]]. Tamén foi un fanático [[arrianismo|arriano]].