Reino visigodo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 1:
[[Ficheiro:Reino dos visigodos-mapa-gl.png|thumb|Reino Visigodo cara o 500]]O '''Reino Visigodo''' foi unha entidade política que xurdiu no ano [[419]] tras asinar a paz os [[visigodos]] cos romanos que foi concluida cun [[foedus]] co rei [[Walia]] e o seu establecemento dese pobo bárbaro no territorio da [[Aquitania]] secunda con capital en [[Tolosa - Toulouse|Tolosa]].
 
O rei Eurico (466-484) rompeu o foedus tras a desaparición da familia imperial e agrandou o territorio lanzando unha ofensiva sobre [[Hispania]] e sobre a [[Galia]] con notable éxito. No ano [[475]] selou a paz co emperador de Oriente [[Xulio Nepote]] e Eurico foi recoñecido como rei dun amplo reino entre o [[Río Loira (Francia)|Loira]] e [[Xibraltar]].
 
No ano 507 perdeu boa parte do seu territorio ultrapirenaico conquistado por [[Clodoveo I|Clodoveo]], tras anos de presións sobre o episcopado católico para que traizoase ao seu rei que era ariano, os visigodos só conservaron [[Septimania]] e unha parte da [[Provenza]] fóra da [[Península Ibérica]] e a capital acabou trasladándose oficialmente a [[Toledo]] no [[554]], entrementres o reino visigodo atravesou un período caótico ata a chegada de [[Leovixildo]] ao poder. No ano [[585]] os visigodos conquistan o [[Reino Suevo|Reino de Gallaecia]] e pouco despois con [[Recaredo]] convértense ao [[catolicismo]] arrenegando do [[arianismo]], no [[624]] os visigodos toman as posesións bizantinas da [[Bética]], finalmente no ano [[711]] desapareceu como entidade independente coa entrada dos musulmáns na península.