Folga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos e erros
Liña 20:
A primeira noticia dunha protesta colectiva de traballadores recóllese no "[[papiro]] da folga", que se conserva no [[Museo Exipcio de Turín]]. Ao parecer, os traballadores que construían a [[necrópole]] real durante o reinado de [[Ramsés III]] deixaron de recibir os alimentos que constituían o seu [[salario]], por mor da [[corrupción]] que invadía o país. Tras varios meses nesta situación, deixaron de traballar e organizaron unha "sentada", que repetiron tres días seguidos, ata que lograron que se lles pagase.
 
En [[España]] regulouse o [[Dereito de Folga]] por primeira vez mediante unha norma con rango de lei polo [[Real Decreto Lei]] '''17/[[1977]] de Relacións de Traballo''' xa que durante a época franquista e con anterioridade non se tratou a regulación legal deste dereito. Actualmente, aínda que a [[Constitución española de 1978|Constitución española]] recoñece expresamente este dereito no seu '''art.28.2''' como un [[dereito fundamental]], non se levou a cabo o seu desenvolvemento mediante [[lei orgánica]] (a pesar dalgúns destacados esforzos como o frustrado ''proxecto lexislativo de [[1992]]'') sendo entón de aplicación o mencionado real decreto preconstitucional, aínda que debidamente matizado e corrixido polo [[Tribunal Constitucional]] na súa famosa '''sentenza de 8 de abril de 1981'''. Ademais, está prohibido realizar folgas se non se informa previamente a autoridade laboral e esta a autoriza.
 
* ''Fonte: Normativa citada, "Prontuario del Derecho del Trabajo" Ed. Civitas, [[2001]]. J.A.Sagardoy Bengoechea, J.M. del Valle Villar y J.L. Gil y Gil. ISBN 84-470-1702-8''