Diferenzas entre revisións de «Linguas da Unión Europea»

m
arranxo ligazóns a homónimos
(basca > vasca)
m (arranxo ligazóns a homónimos)
==O galego na Unión Europea==
O [[Lingua galega|galego]] é dende finais de [[2005]] lingua presente nas institucións europeas. O seu uso xa é oficialmente un feito no Comité de Rexións. O [[Parlamento Europeo]] aprobou a utilización das linguas cooficiais de [[España]], entre elas o galego, nas comunicacións dos cidadáns co Parlamento Europeo. Os acordos tamén permiten o uso do galego no [[Consello de Ministros]] da [[Unión Europea]] e na [[Comisión Europea]].
Os cidadáns e cidadás que desexen dirixirse en galego ao Defensor do Pobo europeo tamén o poden facer, en virtude da entrada en vigor dun convenio entre España e este organismo comunitario. A introdución do galego na [[Unión Europea]] é un recoñecemento ao plurilingüismo natural dos países que a integran. O certo é que algunhas das linguas cooficiais dos estados ou linguas minoritarias contan cun número de falantes maior ca outras oficiais, e mesmo cun status semellante dentro dos seus territorios. A [[Constitución española]] de [[1978]] recoñece a cooficialidade das linguas do Estado.
 
Os cidadáns e as cidadás de Galicia que se dirixan aos órganos europeos que os representan poden usar tamén o galego para esas comunicacións e teñen dereito a recibir contestación nesta lingua.
19.713

edicións