Diferenzas entre revisións de «Placozoos»

m
arranxo ligazóns a homónimos
m (r2.7.1) (Bot: Engado: bg:Пластинчати)
m (arranxo ligazóns a homónimos)
O ''Trichoplax adhaerens'' é un [[animal]] mariño de forma globosa cunha cavidade corporal chea de líquido a presión. Constitúe o seu propio filo xa que a outra especie deste grupo, ''Treptoplax reptans'', describiuse en [[1896]] e xa non se volveu ver dende entón.
 
Ao primeiro exemplar atopado Schulze chamoulle ''Trichoplax adhaerens'', que etimoloxicamente significa "placa con pelos ([[cilio]]s) que se pega". Logo moitos autores puxeron en dúbida o seu significado, xa que nunca se atoparan na natureza, postulándose que fora unha fase [[larva]]ria (non un adulto) doutro animal (de [[medusa]] ou [[Poríferos|esponxa]]), ou que entrou por casualidade no acuario.
 
En [[1971]], [[Grell]], protozoólogo, atopou o ''T. adhaerens'' libre na natureza, no [[Mediterráneo]] e no [[mar Vermello]]; posteriormente [[Ivanov]] ([[1980]]) describiuno no [[mar Caspio]]. Polo tanto é una forma cosmopolita, co cal derrubouse a teoría de que fora unha larva.
19.713

edicións