Explosión cámbrica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: id:Letusan Kambrium
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 6:
Formas de vida extrañas tomaron lugar nos océanos, xuntamente con [[trilobita]]s, [[crustáceo]]s, [[molusco]]s, [[anelídeo]]s, [[equinodermo]]s, e outros filos animais existentes hoxe en día. Animais como os ''Hallucixenia'' (non se sabe a que filo pertencia), que posuían sete pares de espiños nunha face e sete tentáculos terminando en vigorosas pinzas na outra (non se sabe cal sería seu dorso ou seu ventre), cun prolongamento en forma de tubo ou cilindro nunha extremidade e un espesamento na outra (non se sabe cal sería súa parte anterior ou posterior); os ''Opabinia'', con cinco ollos na súa cabeza e un órgao que dela se proxetaba, terminando nunha extremidade bifurcada; o ''Anomalocharis'', un predador de 60 centímetros de lonxitude, semellante a un artrópode; e o ''Pikaia'', un verme posuidor dunha corda cartilaxinosa arredor dun nervo dorsal, probabelmente o primeiro [[cordado]].
 
O único grupo de animais cun bon rexisto fósil que só apareceu despois do Cambriano foi o filo [[Bryozoa]], cuxos exemplares máis antigos pertencen ao [[Ordoviciano]] Inferior. Os fóseis coñecidos por [[Biota Vendiana]] (ou "biota Ediacarana"), que incluen animais con [[espícula]]s como as das [[Poríferos|esponxa]]s e posibelmente tubos de [[verme]]s, apareceron no período que antecede o Cambriano, mais a localización destes [[fósil|fóseis]] nos filos actualmente coñecidos aínda está lonxe de estar esclarecida. O que non hai dúbida é que o Cambriano foi unha época de extraordinaria innovación e [[evolución]], non só en termos do número de [[especie]]s, mais tamén no desenvolvimento de novos [[nicho]]s e estratéxías [[ecoloxía|ecolóxicas]], tais como a [[predación]] activa, a construción de abrigos [[subterráneo]]s complexos e a aparición ou diversificación das [[alga]]s [[mineral]]izadas de varios tipos, como as algas coralinas e as [[dasicladácea]]s verdes.
 
A Explosión Cambriana desperta a curiosidade dos científicos, que cuestionan como a vida tería, despois de millóns de anos de estabilidade e pouca diversidade, subitamente xerado organismos tan diversos nun espazo tan curto de tempo, e por que isto xamais voltou a ocorrer. Alguns argumentan que, despois de millóns de anos xerando [[oxixeno]] a través da [[fotosíntese]], as algas teñan permitido o surximento de organismos [[aeróbico]]s complexos, que demandaban de máis oxixeno para as súas actividades do que as [[medusa]]s e [[Poríferos|esponxa]]s. Outros suxeren que cargas excepcionais de radiación emitidas por fontes externas teña provocado [[mutación]]s [[xenética]]s en altos índices, ocasionando as mudanzas morfolóxicas aleatorias observadas nos fóseis.
 
Boa parte desa diversidade (extimase en 85% de toda a vida no planeta) se extinguiu aínda no Cambriano, hai preto de 490 millóns de anos, e alguns planos de organización nos animais xamais foron vistos novamente. A súa [[extinción]] en masa é máis facilmente explicada a través dunha mudanza brusca no clima do planeta (unha [[glaciación]], ou un [[efecto invernadoiro]], talvez o impacto dun [[asteroide]]), que tería abalado os ecosistemas adaptados ás condicións anteriores, e seleccionado organismos máis adaptables a esas mudanzas.