Endometrio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: ca:Endometri
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 19:
[[Ficheiro:Endometrium ocp use0.jpg|thumb|right|Micrografía a poucos aumentos do endometrio decidualizado tinguido con hematoxilina-eosina.]]
[[Ficheiro:Uterine arterial vasculature.svg|thumb|Vasos sanguíneos da parede uterina. No endometrio as arterias teñen unha disposición en espiral.]]
O endometrio consiste nunha capa simple de epitelio columnar que descansa sobre un [[estroma (tecidos)|estroma]], que é unha capa de [[tecido conectivo]] que varía en grosor segundo a influencia hormonal. Hai [[glándula]]s uterinas tubulares simpes que van da base do estroma á superficie. O estroma está tamén moi vascularizado con [[arteria espiral|arterias espirais]]. Nunha muller en idade reprodutiva, poden distinguirse dúas capas no endometrio, que son:<ref>Blue Histology - Female Reproductive System. School of Anatomy and Human Biology - The University of Western Australia http://www.lab.anhb.uwa.edu.au/mb140/CorePages/FemaleRepro/FemaleRepro.htm Accessed 20061228 20:35</ref>
* A ''capa funcional'', que é a máis externa e limita coa cavidade uterina. Esta capa fórmase despois do final da menstruación durante a primeira parte do [[ciclo menstrual]]. A proliferación é inducida polos [[estróxeno]]s (na fase folicular do ciclo menstrual), e as transformacións finais nesta capa son inducidas pola proxesterona do [[corpo lúteo]] (na fase lútea). Está adaptada a proporcionar un ambiente óptimo para a implantación e crecemento do [[embrión]]. Esta é a capa que se desprende completamente durante a menstruación.
* A ''capa basal'', que está debaixo da anterior e limita co [[miometrio]], e que non se desprende durante a menstruación, e a partir da que se rexenera a capa funcional.