Estroma (tecidos): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 7:
O concepto de estroma en histoloxía fai referencia ao tecido (celulas e elementos extracelulares) que cumpre función cohesiva unindo outros tipos de tecidos nun organismo pluricelular. É parte importante da histoarquitectura dun órgano. Clasicamente, considerábase ao estroma como o tecido de sostén ou soporte do outro tecido do órgano, e era este último o que cumpría a función específica dese órgano. O órgano tamén está está formado por [[célula|células]] que forman o tecido denominado "[[parénquima]]", polo que se contrapón estroma a parénquima.
 
Estes conceptos están baseados nanas ideas de épocas pretéritas da [[Histoloxía]], e teñen unha visión morfolóxica máis que funcional, cando ao tecido conectivo se lle asignaba soamente as funcións de sostén e cohesividade, debido ao descoñecemento "doutras funcións" do tecido conectivo. Actualmente as interaccións estroma-parénquima están sendo investigadas, e enténdese que sen ditas interaccións (colaboración morfofisiolóxica) tanto o parénquima coma o estroma perden a súa específicidade. Illados un do outro, en medios de cultivo celular, perden as súas características típicas e sobreviven pouco tempo. Xa que logo, hoxe enténdese que o estroma é tan funcional coma o parénquima e non só un compoñente de sostén.
 
En xeral, podemos dicir que o estroma é [[tecido conectivo]] de tipo laxo; e parénquima refírese aos [[Tecido epitelial|tecidos epiteliais]] e á súa función endócrina ou exócrina. O estroma é un compoñente distribuído de forma xeneralizada en órganos e sistemas corporais.