Plaça d'Espanya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xián (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12:
A Plaça d'Espanya foi proxectada por [[Ildefons Cerdà]] no seu proxecto de [[Eixample de Barcelona|Ensanche]] como vía de comunicación entre Barcelona e as poboacións do [[Baix Llobregat]]. Logo dun primeiro proxecto para urbanizar a praza de [[Josep Amargós]] (1915), finalmente encargáronse das obras [[Josep Puig i Cadafalch]] e [[Guillem Busquets]], continuadas por [[Antoni Darder]] desde [[1926]].<ref>M. Carmen Grandas, ''L'Exposició Internacional de Barcelona de 1929'', p. 59.</ref> Deseñaron un conxunto monumental de forma [[Círculo|circular]], ao redor dun [[hemiciclo]] formado por unha [[columnata]] de estilo barroco, influenciada na [[Praza de San Pedro]] do [[Vaticano]] de [[Gian Lorenzo Bernini|Bernini]]. Na praza construíronse os hoteis da exposición, obra de [[Nicolau Maria Rubió i Tudurí]], dos que só queda en pé o situado entre a Gran Via e a rúa Creu Coberta, actualmente destinado ao CEIP "Francesc Macià" e ao Instituto Municipal de Educación. No acceso da praza que conduce á Avenida da Raíña María Cristina situáronse dúas altas torres, inspiradas nos de [[Praza de San Marcos|San Marcos]] de [[Venecia]], obra de [[Ramon Reventós]].
 
No centro da praza -onde anteriormente se atopaba a cruz de termo da cidade na antiga estrada de [[Madrid]]- figura unha [[fonte (arquitectura)|fonte]] monumental deseñada por [[Josep Maria Jujol]], cunha ornamentada decoración [[Escultura|escultórica]] obra de [[Miquel Blay]] e os irmáns [[Miquel Oslé|Miquel]] e [[Llucià Oslé]]. De inspiración clásica, o sentido [[Iconografía|iconográfico]] da obra representa unha [[alegoría]] [[Poesía|poética]] a España: sobre un estanque de planta [[Triángulo|triangular]] sitúase un edículo con tres nichos con grupos escultóricos que simbolizan os ríos que desembocan nos tres mares que rodean a [[Península Ibérica]], o [[Ebro]] ([[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]]), o [[Guadalquivir]] e o [[Texo]] ([[Océano Atlántico|Atlántico]]) e unhas figuras de adolescentes para os ríos do [[Mar Cantábrico]], obra de Blay; nos vértices do estanque sitúanse tres grupos que representan os froitos e dons das augas: a ''Abundancia'', a ''Saúde Pública'' e a ''Pesca'' e a ''Navegación'', obra dos irmáns Oslé; ao redor do corpo central sitúanse tres [[Columna (arquitectura)|columnas]] con diversas figuras e emblemas que simbolizan a ''Relixión'' (unha [[cruz]] con [[Ramon Llull]], [[Teresa de Xesús|Santa Teresa de Xesús]] e [[Ignacio de Loiola|San Ignacio de Loiola]]), o ''Heroísmo'' (unha [[espada]] con [[Paio de Asturias|Paio]], [[Xaime I de Aragón]] e [[Isabel I de Castela|Isabel a Católica]]), e as ''Artes'' (un [[libro]] con [[Ausiàs March]] e [[Miguel de Cervantes]]); remata a obra un recipiente de encenderacender lume con tres Vitorias, obra en bronce do escultor [[Tomàs Llovet]].<ref>M. Carmen Grandas, ''L'Exposició Internacional de Barcelona de 1929'', pp. 73-74.</ref>
 
== Galería de imaxes ==