Diferenzas entre revisións de «Ángel Pestaña»

m
arranxo ligazóns a homónimos
m (retiro imaxe rota)
m (arranxo ligazóns a homónimos)
Despois de que Seguí caera vítima dun asasinato, Pestaña seguiu sendo a principal figura da CNT moderada. Esta postura fixo que se opuxera, xunto a [[Joan Peiró]], a tódolos intentos por parte da [[Federación Anarquista Ibérica|FAI]] (fundada en 1927) de controlar a CNT durante a ditadura de [[Miguel Primo de Rivera]].
 
Despois da proclamación da [[Segunda República Española|Segunda República]] en 1931, o conflito entre Pestaña e a FAI profundizouse: Pestaña iniciou a aplicación do [[Manifesto dos Trinta]], unha condena clara das tácticas da FAI, co que conseguiu ser expulsado da CNT en agosto. Fundou o [[Partido Sindicalista]] a finais de 1932.
 
O partido adheriuse á [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]], e Pestaña foi elixido para as [[Cortes Xerais]] nunha plataforma de fronte en 1936, como un dos dous representantes do partido (obtivo un escano por [[Provincia de Cádiz|Cádiz]]). En outubro, xa iniciada a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], foi designado subcomisionado xeral para a guerra, pero tivo que dimitir por motivos de saúde en decembro. Morreu pouco despois, desintegrándose axiña o seu partido.
19.692

edicións