Emblema de Turquía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
O ''Ministerio de Relacións Exteriores de Turquía'' utiliza un círculo vermello que contén a lúa crecente e a estrela en dourado e orientadas verticalmente coa estrela na parte superior. Todo rodeado por un texto en dourado: "T.C. Dışişleri Bakanlığı" ("Ministerio de Relacións Exteriores da República de Turquía"). Unha variante deste emblema oval contén o texto dourado "Türkiye Cumhuriyeti Büyükelçiliği" ("Embaixada da República de Turquía") e é utilizado polas embaixadas turcas.
 
Un emblema circular baseado na [[bandeira de Turquía]] utilízase nas organizacións do goberno, ministerios e parlamento turcos. Tamén se utilizou como distintivo dos atletas e deportistas turcos e nos vellos [[Documento de identidadeDNI|documentos de identidade]] dese país.
 
O selo do [[Presidente de Turquía]] ten unha gran estrela centrada rodeada por 16 estrelas de cinco puntas, que simbolizan os 16 estados na historia turca.