Voz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
lig. cara homónimos
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
 
* [[Voz (fonoloxía)]]: é o son producido polo [[aparello fonador]] humano. Hai dous mecanismos básicos de produción de voz, a vibración das [[cordas vocais]] que dá lugar a sons "[[sonoro]]s" ([[vogal|vogais]], [[semivogal|semivogais]], [[nasal|nasais]] etc.), e as interrupcións (totais ou parciais) no fluxo de aire que sae dos [[pulmón]]s que dá lugar aos sons "[[xordo]]s" ([[fricativa]]s etc.). Adicionalmente hai combinacións de ambos mecanismos, como as [[oclusiva]]s sonoras (en galego 'b', 'd' e 'g'). Os sons así producidos matízanse pola configuración do resto do [[tracto vocal]].
* [[voz (música)]]: en [[música]], as voces humanas organízanse que participan nunha composición [[polifonía|polifónica]] en función de distintas liñas [[melodía|melódicas]]. Así mesmo, cada unha das liñas melódicas da composición denomínanse voces. As voces poden ser [[soprano]], [[alto]], [[tenor]], [[barítono]] e [[baixo (voz)|baixo]].
* [[voz (lingüística)]]: en [[lingüística]], a '''voz''' expresa o [[papel semántico]] de varios referentes que participan na [[oración (gramática)|oración]]. Dependendo de que a oración estea escrita en [[voz activa]] ou en [[voz pasiva]], o [[suxeito (gramática)|suxeito]] será ''axente'' ou ''paciente'' respectivamente. En galego, a [[voz pasiva]] pódese realizar mediante a construción verbal «ser + verbo en participio + por + 'o axente')» por exemplo: «o artigo '''foi escrito por''' moita xente» onde «o artigo» é suxeito pasivo e «moita xente» é o axente. Pero é máis común crear unha expresión pasiva coa partícula de [[pasiva reflexa]] «se». Doutra banda, emprégase a partícula «se» con valor reflexivo para construír a [[voz media]].