Ontoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: he:אונטולוגיה
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ur:علم الوجود; cambios estética
Liña 1:
'''Ontoloxía''' (do [[lingua grega|grego]] ''to ón'' "o que ten ser" e ''logos'' "pensamento"), é a [[ciencia]] ou estudio do [[ser]]. Habitualmente considérase que a ontoloxía é unha parte da [[metafísica]], que se subdivide en ontoloxía (estudo do ser como propiedade común a todos os [[ente]]s) e [[teoloxía]] (estudo específico do ser do ente supremo, [[Deus]]).
 
== Características ==
O estudo do ser propio da ontoloxía consiste nunha reflexión sobre certos conceptos e principios que están á base de todo discurso humano sobre a realidade. Trátase de conceptos como [[Substancia (filosofía)|substancia]], [[espazo]], [[tempo]] ou [[relación]], e principios como o de [[identidade]] e non contradicción.
 
Respecto da natureza destes conceptos existen basicamente dúas posturas:
 
* Ontoloxías realistas: os conceptos fundamentais describen o que verdadeiramente existe con independencia da conciencia humana. Á súa vez, estas ontoloxías subdivídense en materialistas (só existen realidades corpóreas, de xeito que estas son as únicas sustancias ás que se poden aplicar eses conceptos) e espiritualistas (existe a materia, pero é unha sustancia derivada doutra sustancia incorpórea previa, por exemplo o Deus dos [[cristianismo|cristiáns]] ou as [[mónada]]s de [[Leibniz]]).
 
* Ontoloxías idealistas: os conceptos fundamentais só son formas subxectivas de estruturar os nosos [[pensamento]]s, con independencia da [[existencia]] de algo exterior a eles. As ontoloxías idealistas son espiritualistas. E poden ser subxectivistas (afirmar que só existe a realidade mental ou psicolóxica negando expresamente a existencia da materia. Por exemplo, [[George Berkeley]]), ou obxectivistas (consideran que ademais dos estados psicolóxicos existen realidades ideais cunha natureza distinta da meramente psicolóxica. Por exemplo, [[Edmund Husserl]] e, con matices, [[Immanuel Kant]]).
 
== Véxase tamén ==
Liña 14:
* [[Materialismo]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.ontology.co Theory and History of Ontology] {{en}}
 
Liña 80:
[[tr:Ontoloji]]
[[uk:Онтологія]]
[[ur:علم الوجود]]
[[vi:Bản thể luận]]
[[zh:本体论 (哲学)]]