Apolonio de Rodas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
 
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Apolonio de Rodas''', nado en [[Alexandría]] no [[-295|295 a. C.]] e finado posiblemente en [[Rodas]] no [[-215|215 a. C.]], foi un poeta grego, autor do poema épico ''[[Argonáuticas]]''.
 
== Traxectoria ==
A tradición dubida entre se naceu en [[Alexandría]] ou en [[Naucratis]], pero é máis probable o primeiro, aínda que a súa familia procedía da segunda. Chámase ''de Rodas'' porque alí pasou a maior parte da súa vida e porque case con total seguridade adoptou a cidadanía rodia. Realizou estudos en Alexandría, tendo como mestre ao poeta [[Calímaco]] e como compañeiro de escola ao físico e astrónomo [[Eratóstenes]], destinado a sucedelo na dirección da famosa [[Biblioteca de Alexandría]]. Cando tiña uns trinta anos foi nomeado por [[Tolomeo II Filadelfo]] bibliotecario para suceder ao célebre gramático [[Zenódoto de Éfeso]]. Ao mesmo tempo recibiu o encargo de educar ao fillo de Ptolomeo Filadelfo, o futuro [[Ptolomeo III|Ptolomeo III Everxetes]].