Clonación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ne:क्लोनिङ
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 2:
 
==Clonación molecular==
A clonación molecular refírese ao proceso de illar unha secuencia de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] de interese, inserilo nun plásmido e obter múltiples copias dela nun organismo (xeralmente procariota) por acción da [[ADN- polimerasa]]. A clonación emprégase frecuentemente para amplificar fragmentos de ADN que conteñen [[xene]]s, un paso esencial na análise subsecuente.
 
Frecuentemente, o termo clonación é erroneamente utilizado para referirse á identificación dunha localización [[cromosoma|cromosómica]] dun xen asociado cun [[fenotipo]] de particular interese, coma na [[clonación posicional]]. Na práctica, a localización dun xene nun cromosoma ou rexión [[xenoma|xenómica]] non necesariamente permite illar ou amplificar a secuencia xenómica de interese.