Calendario hebreo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: oc:Calendièr ebrieu
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos
Liña 63:
 
=== Calendario xudeu alexandrino ===
O cómputo cristián de [[Etiopía]] (usado para calcular a [[Pascua cristiá|Pascua]]) describe detalladamente o calendario que debeu de ser usado polos xudeus de [[Alexandría]] preto da fin do século III. Estes xudeus formaron unha comunidade relativamente nova nas secuelas da aniquilación (por asasinato ou escravización) de todos os xudeus por orde do emperador [[Traxano]] a finais da [[guerra de Quitos]] dos anos 115–117. O seu calendario usaba as mesmas epactas in ciclos de dezanove anos que chegaron a ser canónicas no cómputo da Pascua usado por case todos os cristiáns medievais, xa sexa no occidente [[Europa cristiá|latino]] ou no oriente [[Imperio bizantino|bizantino]]. Só aquelas igrexas máis aló das fronteiras do Imperio de Oriente cambiaban unha epacta cada dezanove anos, causando que catro Pascuas en 532 anos fosen diferentes.
 
=== Período de transición ===
Liña 138:
Cada hora está dividida en 1080 ''ghalaquim'' ou partes. Unha parte é 3<sup>1</sup>/<sub>3</sub> segundos ou <sup>1</sup>/<sub>18</sub> de minuto. O devanceiro último do ''helec'' era un pequeno período de tempo babilónico chamado ''mazaroca de orxo'', equivalente a <sup>1</sup>/<sub>72</sub> dun ''grado de tempo'' babilónico (1° de rotación celeste). En realidade, a mazaroca de orxo ou ''ela'' era o nome aplicado á máis pequena das unidades de Babilonia, tanto de lonxitude, de área, de volume, de peso, de ángulo, ou de tempo. Pero ao redor do século XII ese significado fora esquecido, causando que [[Maimónides]] especulase e dixese que había 1080 partes nunha hora porque ese número era divisible por todos do un ao dez salvo o sete. Pero o mesmo se pode dicir do 360. Os días da semana que comezan en domingo (día 1) continúan ata o sábado (día 7). Xa que algúns cálculos usan a división, o 0 significa sábado.
 
Mentres que o cálculo dos días, meses e anos estaba baseado en horas fixas iguais a 1/24 dun día, o comezo de cada día ''ghalaquic'' estaba baseado na hora local do [[solpor]]. A fin do [[Shabat]] e outras [[Festas xudías|festividades xudías]] parten da anoitecida (''Tseis Ghacocavim'') que ocorre algo despois do solpor, normalmente de 42 a 72 minutos. Segundo Maimónides, a noite comeza cando tres estrelas de tamaño medio son visibles tras o solpor. No século XVII estas convertéranse en tres estrelas de segunda magnitude. A definición moderna é que comeza cando o centro do sol é 7° baixo o horizonte xeométrico (sen aire), máis tarde do crepúsculo civil dos 6°. O comezo do tempo diúrno para cada día está determinado pola [[amencer|alba]] e polo [[nacer do sol]] (non confundir os dous termos, o primeiro significa que comeza a haber luminosidade, o segundo que o sol aparece). A maioría dos tempos ''ghalaquic'' están baseados en combinacións deses catro tempos e varían de día en día ao longo do ano significativamente dependendo do lugar. as horas de luz normalmente se dividen en ''Shaos Dsemaniios'' ou ''horas Ghalaquic'' tomando o tempo entre o amencer (nacer do sol) e solpor ou entre a alba e o anoitecer divididas en 12 horas iguais. As horas máis temperás e tardías para os servizos xudeus, a última comida de [[Camets]] o día antes da [[Pessach|Pascua]] e moitas outras regras están baseadas no ''Shaos Tsemaniios''. Por conveniencia, o día que usa o ''Xaos Dsemaniios'' é normalmente acordado como se o solpor fose ás 6:00pm, o amencer ás 6:00am e cada hora igualo á convida. Aínda así, por exemplo, o [[mediodía]] ''ghalaquic'' pode ser despois da 1:00pm nalgunhas áreas durante os períodos de aforro de luz diúrna.
 
=== Medida dos "molads" (conxuncións lunares) ===
Liña 173:
[[Ficheiro:A Seder table setting.jpg|thumb|Celebración da Pascua xudía, ''[[Pésagh]]'', na mesa do tradicional ''Séder'']]
 
Os 265 días dende o primeiro día do mes de 29 días de adar (o décimo segundo mes ou o décimo terceiro, adar II, nos anos bisestos) ata o 29 de heshván forman un período fixado que ten todos os festivais especificados na Biblia, como a [[Pessach|Pascua]] (15 de nisán), o [[Shavuot]] (6 de siván), o [[Rosh Hashaná]] (1 de tishri), o [[Iom Quipur]] (10 de tishri), o [[Sucot]] (15 de tishri), e o [[Shemini Atseret]] (22 de tishri).
 
O período festivo dende a Pascua ata o Shemini Atseret (inclusive) é de exactamente 185 días. O tempo dende o día tradicional do ''[[equinoccio]] de primavera'' ata o día tradicional do ''[[equinoccio de outono]]'' (inclusive) tamén ten 185 días. Isto causou especulacións sobre se a Pascua debía ser o [[21 de marzo]] e o Shemini Atseret o [[21 de setembro]], os días tradicionais dos equinoccios. Como o día hebreo comeza co solpor, o ano hebreo comeza no (Rosh Hashaná) de outono, aínda que a non coincidencia dos anos solares e lunares finalmente o move a outra estación se o calendario moderno fixado non é movido á súa forma orixinal de ser xulgado polo Sanedrín (que require o [[Beit Hamicdash]])