Piemonte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.5) (Bot: Engado: sq:Piemonti
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos
Liña 50:
O territorio da rexión é de xeito predominante montañoso (ao redor do 43,3% do territorio rexional). As principais cadeas montañosas son os [[Alpes]], que rodean a zona occidental da rexión, e os [[Apeninos]], situados no límite coa [[Liguria]] e a [[Emilia-Romaña]].
 
O río [[río Po]] atravesa a chaira homónima. As principais zonas de baixa montaña son o Canavese (no noroeste), as Langas e o Roero (ao sudoeste) e o Monferrato (ao sur). Tamén conta con numerosos lagos alpinos de orixe glaciar. O lago Maggiore, un dos lagos máis grandes de Italia, marca o límite ao leste coa Lombardía, xunto co seu emisario, o río [[Ticino]].
 
As altas montañas de máis de 3.000 metros descenden rápido ás chairas, formándose ao pé das rochas amplas extensións de bosque, de aí ven o nome da rexión Piemonte (''al piede dei monti'': ao pé dos montes). Os vales da rexión están fortemente marcados pola actividade humana, atopándose importantes vías de comunicación internacionais por estrada e infraestruturas ferroviarias de primeiro nivel. Nos vales menores pódense encontrar encoros, centrais hidroeléctricas e centros turísticos.
Liña 60:
Habitado desde o neolítico, despois do desxeo no alto Val Padano no [[-1000|primeiro milenio a.C.]], foi ocupado polas poboacións [[celtas]] ou lígures dos Taurini e dos Salassi, posteriormente sometidos polos [[Imperio Romano|romanos]] ([[-220|220 a.C.]]), que fundaron colonias como Augusta Turinorum (Turín) ou Eporedia (Ivrea). Despois da crise da parte occidental do imperio, a rexión sufriu incursións, loitas e conquistas por parte de pobos bárbaros, como os [[burgundios]], os [[godos]] (no [[século V]]), os [[bizantinos]], os [[longobardos]] (no [[século VI]]) ou os [[francos]] ([[773]]), aínda que sempre conservando unha certa autonomía.
 
Nos [[século IX|séculos IX]] e [[século X|X]] a rexión sufriu novas incursións, esta vez dos [[Hungría|húngaro]] e dos [[árabeArabia|sarracenos]], que destruíron, entre outros monumentos, a abadía de Novalesa no Val de Susa. Nesa época administrativamente dividido en condados e marquesados, foi reunificada en parte no [[século XI]] por [[Olderio Manfredi]], que conseguiu os importantes marquesados de Turín e Ivrea, deixándoos en herdanza ao seu xenro Oldone de Savoia, fillo de Umberto I Biancamano.
 
O proceso de reunificación do Piemonte baixo os [[Savoia]] necesitou varios séculos, primeiro para a formación dos concellos autónomos, como [[Asti]] e [[Alessandria]] (no [[século XII]]), e marquesados fortes, como os de Saluzzo ([[século XI]]) e de Monferrato ([[século XII]]). Despois viñeron as intervencións de potentes señores alleos á rexión, como os Visconti (no [[século XIV]]), así como a inclusión do Piemonte nas loitas entre os [[Habsburgo]] e os [[Valois]] para acadar a hexemonía de Italia en [[Europa]] ([[século XVI]]). Só despois da paz de Cateau-Cambrésis (en [[1559]]) [[Emmanuele Filiberto]] e os seus sucesores puideron encamiñar o proceso de definitiva reunificación, finalizado en [[1748]] coa paz de Aachen.