Mumia Abu-Jamal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 76:
En outubro de [[2003]], concedéuselle a Mumia Abu-Jamal o estatus de cidadán honorario de [[París]] nunha cerimonia presidida pola [[Panteras Negras|pantera negra]] [[Angela Davis]]. [[Bertrand Delanoë]], alcalde de París, dixo nunha rolda de prensa que o premio era un recoñecemento á loita contra a [[pena de morte]], abolida en [[Francia]] en [[1981]]. A proposta de facer a Abu-Jamal, cidadán adoptivo fora aprobada polo concello da cidade no 2001. No ano [[2006]] a cidade de [[Saint-Denis]], en [[Francia]], decidiu que a partir do [[29 de abril]] dese mesmo ano, a avenida que chegaba ao estadio [[Nelson Mandela]] pasase a chamarse rúa Mumia Abu-Jamal.
 
A finais de [[2006]] os políticos [[Michael Fitzpatrick]], e [[Richard Santorum]], ambos do [[Partido Republicano (Estados Unidos)|Partido Republicano]] de [[Pennsylvania]], promoveron varias resolucións legais en relación a distintos organismos responsábeis das relacións internacionais. As resolucións baseábanse en tres propostas:
* condenar o asasinato do oficial de policía de [[Philadelphia]] [[Daniel Faulkner]].
* requirirlle á cidade de [[Saint-Denis]] que mudase o nome da rúa Mumia Abu-Jamal e, de non facelo, requirirlle ao goberno francés que iniciase accións contra a cidade para forzala a iso.
* facer loanza dos oficias de policía de todo o mundo, pola súa loita contra o crime e pola seguridade pública.
 
O [[6 de decembro]] de [[2006]] a [[Cámara de Representantes]] votou por 368 contra 31, unha condena á decisión da cidade [[Francia|francesa]] de [[Saint-Denis]] de poñerlle o nome a unha rúa en honra de Mumia Abu-Jamal. O [[11 de decembro]] de [[2006]], o comité executivo do [[Partido Republicano (Estados Unidos)|Partido Republicano]] para [[Philadelphia]] e [[Germantown]] presentou cargos legais contra a cidade de [[París]] e contra a cidade de Saint-Denis por glorificar a figura de Abu-Jamal.
 
=== A solicitude para revalidar a condena a morte ===