Diferenzas entre revisións de «Escravitude»

m
homónimos
(lig. cara hom.)
m (homónimos)
Mentres as [[Altas Culturas]] orientais ou americanas, non foron propiamente sociedades escravistas, debido a que favoreceron o traballo obrigatorio dos seus súbditos, a civilización grecorromana, e especialmente [[Roma antiga|Roma]], estivo baseada no traballo escravista nunha alta proporción, tanto no espazo doméstico como, sobre todo na explotación intensiva dos [[latifundio]]s e das minas. A guerra convértese no principal medio de aprovisionamento dunha man de obra servil, maioritariamente de raza branca, que apenas se deixa reproducir, pero que ademais é liberada ([[manumisión]]) con frecuencia. As duras condicións de traballo impostas no campo ou nas minas, conduciron a levantamentos dos escravos, dos que o máis coñecido foi a rebelión liderada por [[Espartaco]]. As dificultades de fornecemento de novos escravos durante o [[Baixo Imperio]], conduciu á transformación paulatina do réxime escravista nun sistema de [[servidume]].
 
Porén, a escravitude non desapareceu nunca ao longo da [[Idade media]] europea, aínda que tivese un carácter residual. A pesar da prohibición da Igrexa para escravizar cristiáns, as sociedades medievais conseguen facerse con [[Arabia|árabe]]s ou ben con [[eslavos]], termo que orixina o moderno termo occidental escravo. Tamén noutras culturas, como en diversas sociedades islámicas ou nas orientais, durante esta época, continuou a escravitude humana.
 
Os [[Era dos descubrimentos|descubrimentos]] deron un novo impulso ao escravismo en sociedades que prolongan a Europa medieval. Desde finais do século XV, son levados a [[Portugal]] africanos escravizados. Desde [[1505]], ante o afundimento demográfico das sociedades amerindias das [[Antillas]], transpórtanse para aló os primeiros escravos africanos. Tanto na minería como, especialmente, nas [[plantación]]s a man de obra escrava faise imperativa. A [[Tráfico negreiro|trata de negros]] inaugura un intenso tráfico atlántico entre [[África]] e [[América]] até fins do século XIX. Varios países americanos como o Sur dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], [[Cuba]], [[Xamaica]], [[Haití]], as [[Pequenas Antillas]], a [[Suriname|Güiana holandesa]] ou [[Brasil]], adquiren os trazos das sociedades escravistas clásicas. O ano 1886 para Cuba, e 1888 para Brasil, marcan as datas máis tardías de abolición da escravitude nos países occidentais.
19.692

edicións