Recuperatio Imperii: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
Estes sentimentos son aproveitados pola administración de Xustiniano I para realizar, precisamente, unha política en consonancia con eles (fose sincera ou interesada). Este programa foi dirixido polo brillante militar bizantino [[Belisario]], e conseguiu recuperar o norte de África, o sur da Península Ibérica e a práctica totalidade de Italia. Nas tres invasións de conquista do programa o Imperio usou sempre a escusa de que os seus intereses na rexión foran violados (case sempre co destronamento ou morte dun rei favorábel ao Imperio) para así efectuar a invasión e posterior conquista.
 
Porén, o [[Imperio bizantino]] quedou debilitado para os retos do futuro e ademais, a facenda bizantina quedou baleira tras os monumentais gastos de Xustiniano para as súas campañas de conquista en Occidente e as súas grandes construcións arquitectónicas, como a [[igrexa de Santa Sofía]]. Os seus sucesores non poderían afrontar o reto de dirixir un Imperio atacado en todas as frontes e terminarían por perder gran parte das conquistas de Xustiniano I, e peor aínda, perderen Siria, Palestina e Exipto, que constituían gran parte do Imperio bizantino, a mans dos turcos[[otománs]].
 
== Conceptos similares ==