Dolores Ibárruri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ro:Dolores Ibárruri
m →‎Traxectoria: Castela - Castilla
Liña 14:
 
==Traxectoria==
Seu pai, Antonio Ibárruri, era un mineiro vasco, vello militante [[carlismo|carlista]], e súa nai, Dolores Gómez, era de orixe [[Castela - Castilla|castelá]]. Durante a súa infancia e primeira mocidade Dolores era extremadamente relixiosa, estudou corte e confección e traballou como serventa nunha familia acomodada. O [[15 de febreiro]] de [[1916]] casou co tamén mineiro e activista obreiro Julián Ruiz e, dous anos máis tarde, participou na folga xeral de agosto, na que foi detido o seu home, polo que, segundo contou ela posteriormente, nunca foi feliz. Despois ingresou no [[Partido Socialista Obrero Español]] ([[PSOE]]) como membro da agrupación da zona mineira de [[Somorrostro]] (Biscaia) e en [[1918]] utilizou por vez primeira o [[pseudónimo]] "La Pasionaria" no artigo "Hipocresía religiosa" publicado en ''El Minero Vizcaíno'' durante a semana de Paixón.
 
Cando en abril de [[1920]] xurdiu o embrión do que nacería o [[Partido Comunista de España]] ([[PCE]]), a agrupación de Somorrostro incorporouse a el, e con ela a propia Ibárruri, impresionados polo triunfo da [[Revolución rusa|Revolución Bolxevique]]. Asistiu, como delegada pola provincia de [[Biscaia]], ao I Congreso do [[PCE]], celebrado en [[1922]], e pasou a integrar o Comité Central do partido en [[1930]]. En setembro de [[1931]], pouco despois da instauración da [[Segunda República Española|II República]], fixou a súa residencia en [[Madrid]] e formou parte da redacción do órgano de prensa do [[PCE]], ''[[Mundo Obrero]]''. Despois de ser encarcerada pola súa actividade política dende outubro de [[1931]] ata xaneiro de [[1932]], participou en marzo no congreso do partido en [[Sevilla]], pero despois foi outra vez prendida ata xaneiro de [[1933]]. Un ano despois, en [[1934]] acudiu a [[Moscova]] para participar nunha reunión da [[III Internacional]] (a chamada "Internacional Comunista"). A esta cidade regresaría un ano máis tarde para intervir no VII Congreso de dito organismo, que a elixiu membro suplente do seu Comité Executivo. Este Congreso propugnou a colaboración entre os partidos obreiros e as formacións políticas burguesas de esquerdas, o que facilitou a creación da [[Fronte Popular]] española en xaneiro de [[1936]]. De feito a Pasionaria, nas eleccións de [[1936]], presentouse como candidata desta coalición electoral, saíndo elixida deputada grazas ao triunfo da dita coalición nas eleccións.