Ostra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: es:Ostrea
m Osíxeno (elemento)
Liña 26:
 
 
O nome de [[ostra]] é usado para grupos diferente de [[molusco]]s que medran maiormente en augas mariñas. As ostras verdadeiras pertencen á orde [[Ostreoida]], famíliafamilia [[Ostreidae]]. As ostras teñen un corpo brando, protexido dentro dunha [[cuncha]] altamente calcificada, pechada por fortes músculos adutores. Algunhas subespecies son capaces de producir [[perla]]s no transcurso do tempo, que se forman a partir de partículas que se sedimentan na ostra; existen diferentes tipos de perla dependendo do sedimento acumulado.
== Características==
 
As ostras son [[filtrador]]es que succionan a auga co bater de [[cilio]]s. O [[plancto]] e as partículas suspendidas do alimento quedan atrapadas no moco das papadas e son transportadas á boca, onde comen, dixírense e se expelen como [[fez|feces]] ou [[pseudofez|pseudofeces]]. A actividade de alimentación é maior nas ostras cando as temperaturas da auga están sobre 50[[°F]] (10[[°C]]). As ostras sas consomen as [[alga]]s e outros alimentos que aboian, cada unha filtra ata cinco litros de auga por hora. As ostras respiran como [[peixe]]s, usando as papadas e a capa. A capa alíñase con moitos vasos sanguíneos pequenos, de paredes delgadas que extraen o [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] da auga e expelan o [[dióxido de carbono]].
 
Un [[corazón]] pequeno con tres cámaras, metido debaixo do músculo abdutor, bombea sangue descolorido, coa súa fonte de osíxeno, a todas as partes do corpo. Ao mesmo tempo dous riles situados no superficie inferior do músculo purifican o [[sangue]] de calquera residuo que recollan. Non hai xeito de diferenciar as ostras masculinas das femininas examinando as súas cascas. As ostras teñen sexos separados, pero poden cambiar o sexo unha ou máis veces durante a súa vida. As [[gónada]]s, órganos responsábeis de produciren os ovos e o esperma, rodean os [[órgano]]s dixestivos e están compostas polas células do sexo, polos túbulos de ramificación e de tecido fino conectivo.